The Project Gutenberg EBook of Cantares gallegos, by Rosalía de Castro This eBook is for the use of anyone anywhere in the United States and most other parts of the world at no cost and with almost no restrictions whatsoever. You may copy it, give it away or re-use it under the terms of the Project Gutenberg License included with this eBook or online at www.gutenberg.org. If you are not located in the United States, you'll have to check the laws of the country where you are located before using this ebook. Title: Cantares gallegos Author: Rosalía de Castro Release Date: March 8, 2019 [EBook #59037] Language: Galician Character set encoding: UTF-8 *** START OF THIS PROJECT GUTENBERG EBOOK CANTARES GALLEGOS *** Produced by Ramon Pajares Box and the Online Distributed Proofreading Team at http://www.pgdp.net (This file was produced from images generously made available by The Internet Archive/Canadian Libraries) NOTA DE TRANSCRIPCIÓN * En el texto, las cursivas se muestran entre _subrayados_, las negritas entre =iguales= y Las versalitas se han convertido a MAYÚSCULAS. * Los errores de imprenta han sido corregidos sin avisar. Se han tenido en cuenta otras ediciones para detectarlos. * Las notas a pie de página se han renumerado y colocado debajo del párrafo o estrofa que contiene su llamada. OBRAS COMPLETAS DE ROSALÍA DE CASTRO II OBRAS COMPLETAS DE ROSALÍA DE CASTRO II CANTARES GALLEGOS [Ilustración] MADRID LIBRERÍA DE LOS SUCESORES DE HERNANDO Calle del Arenal, 11. 1909 Es propiedad. Imprenta de los Sucesores de Hernando, Quintana, 33. _Á Fernán Caballero._ _Señora: Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico á usted este libro. Sirva él para demostrar á la autora de =La Gaviota= y de =Clemencia= el grande aprecio que la profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país._ _Santiago, 17 de mayo de 1863._ ROSALÍA CASTRO DE MURGUÍA. PRÓLOGO Grande atrevemento é sin duda prá un probe inxenio com’ ó que me cadrou en sorte dar á luz un libro cuyas páxinas debían estar cheyas de sol, d’ armonía e d’ aquela naturalidade que unida á unha fonda ternura, á un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman á mayor belleza d’ os nosos cantos populares. A poesía gallega, toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros e doçes sonrisiñas, mormuxando unhas veces c’ os ventos misteriosos d’ os bosques, briland’ outras c’ ó rayo de sol que cai sereniño por enriba d’ as auguas d’ un río farto e grave, que corre baixo as ramas d’ os salgueiros en frol, compríalle para ser cantada un sprito subrime e cristaiño, si así ó podemos decir, unha inspiración fecunda, com’ á vexetación que hermosea esta nosa privilexiada terra, e sobre todo un sentimento delicado e penetrante prá dar á conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo rayo d’ hermosura como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado á este pobo á quen moitos chaman estúpido, e á quen quisáis xusguen insensibre, extraño a devina poesía. Mais naide ten menos qu’ eu teño as grandes cualidades que son precisas prá levar á cabo obra tan dificile, anque naide tampouco se pudo achar animado d’ un máis bon deseo prá cantar as bellezas da nosa terra n’ aquel dialecto soave e mimoso que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demáis linguas en doçura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas, e n’ habendo deprendido en máis escola qu’ á d’ os nosos probes aldeáns, guiada sólo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oídos desd’ á cuna, e que foran recollidos pó-lo meu coraçón como harencia propia, atrevinme á escribir estos cantares, esforzándome en dar á conocer cómo algunhas d’ as nosas poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e cóm’ ó noso dialecto doçe e sonoro é tan apropósito com’ ó pirmeiro para toda clase de versificación. As miñas forzas é certo quedaron moito máis abaixo d’ ó que alcançaran os meus deseyos, e por eso, comprendendo cánto poidera facer nesto un gran poeta, dóyome inda máis da miña insuficença. O _Libro d’ os Cantares_ de D. Antonio Trueba, que m’ inspirara e der’ alento prá levar á cabo este traballo, pasa pó-lo meu pensamento com’ un remorso, e casi asoman as vagoas ôs meus ollos ó pensar cómo Galicia se levantaría hastr’ ó lugar que lle corresponde si un poeta como Anton ó d’ os _Cantares_ fose ó destinado prá dar á conocer as suas bellezas e as suas costumes. Mais á miña infeliz patria, tan desventurada nesto como en tod’ ó máis, tense que contentar c’ unhas páxinas frías e insulsas, qu’ apenas serían dinas d’ achegarse de lonxe âs portas dó Parnaso, como non fosse pó-lo nobre sentimento que as creou. ¡Qu’ esto mesmo me sirva de disculpa prá os que xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que ó que s’ esforça por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á sua patria é acreedore á algunha indulxencia! Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romerías, paisaxes, debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod’ aquelo, en fin, que pó-la sua forma e colorido é dino de ser cantado, todo ó que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fosse, con tal que chegase á conmoverme, tod’ esto m’ atrevín á cantar neste homilde libro prá desir unha vez siquera, y anque sea torpemente, ôs que sin razón nin conocement’ algún nos despreçan, qu’ a nosa terra é dina d’ alabanzas, e qu’ a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nás máis ilustradísimas provincias, c’ unha risa de mofa, qu’ á desir verdade (por máis qu’ esta sea dura), demostra á iñorancia máis crasa y á máis imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia á outra provincia hirmán, por probe qu’ ésta sea. Mais he aquí qu’ ó máis triste nesta cuestión é á falsedade con que fora d’ aquí pintan, así ôs fillos de Galicia com’ á Galicia mesma, á quen xeneralmente xuzgan ó máis despreciable e feyo d’ España, cando acaso sea ó máis hermoso e dino d’ alabanza. Non quero ferir con esto á susceptibilidade de naide, anque á decir verdade, ben poidera perdonárselle este pequeno desafogo á quen tan ferida foy de todos. Mais, eu qu’ atravesei repetidas veces aquelas soledades de Castilla, que dan idea d’ ó deserto; eu que recorrín á feraz Extremadura e á extensa Mancha, dond’ ó sol cai á promo alomeando monótonos campos, donde ó cor d’ á palla seca prest’ un tono cansado ó paisaxe que rinde e entristece ó esprito, sin unha herbiña que distraya á mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado com’ á terra que crobe; eu que visitei os celebrados arredores d’ Alicante, dond’ os olivos, có seu verd’ escuro, sembrados en fila e de raro en raro parecen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada, e tan alabada, e que, cansada e monótona com’ ó resto d’ aquel paíse, amostra á sua vexetación tal como paisaxes pintados nun cartón con árbores postos simétricamente e en carreiriños para divertisión d’ os nenos, eu non podo menos d’ indignarme cand’ os fillos d’ esas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non ná belleza d’ os campos, búlranse d’ esta Galicia competidora en clima e galanura c’ os países máis encantadores da terra; esta Galicia donde todo é espontáneo na natureza e en donde á man do home cede ó seu posto á man de Dios. Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos com’ os d’ Italia, horizontes nubrados e malencónicos, anque sempre hermosos com’ os tan alabados da Suiza; ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos qu’ aterran e adimiran pó-la sua xigantesca e xorda cólera..., mares inmensos..., ¿qué direi máis? Non hay pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tóda-las estacións de herbiñas e de frores; os montes cheyos de pinos, de robres e salgueiros; os lixeiros ventos que pasan; as fontes y os torrentes derramándose fervedores e cristaiños, vran e inverno, xa pó-los risoños campos, xa en profundas e sombrisas ondanadas... Galicia é sempre un xardín donde se respiran aromas puros, frescura e poesía... E á pesar d’ esto chega á tanto á fatuidade d’ os iñorantes, á tanto á indina preocupación que contra á nosa terra existe, qu’ inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos d’ os que se bulran de nos sin que xamáis nos hayan visto nin ainda de lonxe, que son os máis), inda os que penetraron en Galicia e gozaron d’ as delicias qu’ ofrece, atrevéronse á decir que Galicia era... ¡¡un cortello inmundo!!... ¡Y éstos eran quisáis fillos... de aquelas terras abrasadas d’ onde hastra os paxariños foxen!... ¿Qué diremos á esto? Nada máis si-non que taes fatuidades respecto de noso país, teñen algunha comparanza c’ as d’ os franceses ô falar d’ as suas eternas vitorias ganadas ôs españoles. España, nunca, nunca os venceu; pó-lo contrario, sempre saleu vencida, derrotada, homillada, e ó máis triste d’ esto é que _val_ antr’ eles tan infame mentira, así como _val_ prá á seca Castilla, prá á deserta Mancha e prá tóda-las demáis provincias d’ España--ningunha comparada en verdadeira belleza de paisaxe có á nosa--, que Galicia é ó rincón máis despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven así á sofrir España d’ unha nación veciña que sempre á ofendeu á misma inxusticia qu’ ela, inda máis culpabre, comete c’ unha provincia homillada de quen nunca s’ acorda, como no sea prá homillala inda máis. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pró neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle máis palpabre á España á inxusticia qu’ ela á sua vez conosco comete. Foy este ó móvil principal que m’ impeleu á pubricar este libro, que máis que nadie conoço que necesita á indulxencia de todos. Sin gramática nin regras de ningunha clás, ó lector topará moitas veces faltas d’ ortografía, xiros que disoarán ôs oídos d’ un purista; pró ô menos, e prá disculpar en algo estos defectos, puxen ó mayor coidado en reprodusir ó verdadeiro esprito d’ ó noso pobo, e penso qu’ ó conseguín en algo..., si ben de unha maneira débil e froxa. ¡Queira ó ceo qu’ outro máis afertunado qu’ eu poida describir c’ os seus cores verdadeiros os cuadros encantadores que por aquí s’ atopan, inda no rincón máis escondido e olvidado, prá qu’ así, ô menos en fama, xa que non en proveito, gane e se vexa c’ o respeto e adimiración merecidas esta infortunada Galicia! I _As de cantar_ _Que ch’ ei de dar zonchos;_ _As de cantar_ _Que ch’ ei de dar moitos._ I «As de cantar, Meniña gaiteira, As de cantar, que me morro de pena. Canta, meniña, Na veira da fonte, Canta, dareiche Boliños do pote. Canta, meniña, Con brando compás, Dareich’ unha proya Da pedra do lar. Papiñas con leite Tamén che darei, Sopiñas con viño, Torrexas con mel. Patacas asadas Con sal e vinagre, Que saben á noces, ¡Qué ricas que saben! ¡Qué feira, rapaza, Si cantas faremos!... Festiña por fora, Festiña por dentro. Canta si queres, Rapaza do demo, Canta si queres, Dareich’ un mantelo. Canta si queres, Na lengua qu’ eu falo, Dareich’ un mantelo, Dareich’ un refaixo. Có son da gaitiña Có son da pandeira, Che pido que cantes, Rapaza morena. Có son da gaitiña, Có son do tambor, Che pido que cantes, Meniña, por Dios.» II Así mô pediron Na veira do mar, O pe das ondiñas Que veñen e van. Así mô pediron Na veira do río Que corr’ entr’ as erbas Do campo frorido. Cantaban os grilos, Os galos cantaban, O vento antr’ as follas Runxindo pasaba. Campaban os prados, Manaban as fontes Antr’ erbas e viñas, Figueiras e robres. Tocaban as gaitas O son das pandeiras, Bailaban os mozos Cás mozas modestas. ¡Qué cofias tan brancas! ¡Qué panos con freco!... ¡Qué dengues de grana! ¡Qué sintas!, ¡qué adresos! ¡Qué ricos mandiles! ¡Qué verdes refaixos!... ¡Qué feitos xustillos De cor colorado! Tan vivos colores A vista trubaban, De velos tan váreos O sol se folgaba. De velos bulindo Por montes e veigas, Coidou qu’ eran rosas Garridas e frescas. III Lugar máis hermoso Non houbo na terra Qu’ aquel qu’ eu miraba, Qu’ aquel que me dera. Lugar máis hermoso No mundo n’ hachara, Qu’ aquel de Galicia, Galicia encantada. Galicia frorida, Cal ela ningunha, De froles cuberta, Cuberta de espumas. D’ espumas qu’ o mare Con pelras gomita, De froles que nacen O pe das fontiñas. De valles tan fondos, Tan verdes, tan frescos, Qu’ as penas se calman No máis que con velos. Qu’ os ánxeles neles Dormidos se quedan, Xa en forma de pombas, Xa en forma de niebras. IV Cantart’ ei, Galicia, Teus doçes cantares, Qu’ así mô pediron Na veira do mare. Cantar t’ ei, Galicia, Na lengua gallega, Consuelo dos males, Alivio das penas. Mimosa, soave, Sentida, queixosa; Encanta si ríe, Conmove si chora. Cal ela, ningunha Tan doçe que cante Soidades amargas, Sospiros amantes. Misterios da tarde, Murmuxos da noite: Cantar t’ ei, Galicia, Na veira das fontes. Qu’ así mô pediron, Qu’ así mô mandaron, Que cant’ e que cante Na lengua qu’ eu falo. Qu’ así mô mandaron, Qu’ así mô dixeron... Xa canto, meniñas, Coidá que comenso. Con doçe alegría, Con brando compás, O pe das ondiñas, Que veñen e van. Dios santo premita Qu’ aquestes cantares, D’ alivio vos sirvan Nos vosos pesares. De amabre consolo, De soave contento, Cal fartan de dichas Compridos deseyos. De noite, de día, N’ aurora, na sera, Oiresme cantando Por montes e veigas. Quen queira me chame, Quen queira m’ obrige, Cantar, cantareille De noit’ e de día, Por dalle contento, Por dalle consolo, Trocand’ en sonrisas Queixiñas e choros. Buscaime, rapazas, Velliñas, mociños, Buscaim’ antr’ os robres, Buscaim’ antr’ os millos. Nas portas dos ricos, Nas portas dos probes, Qu’ aquestes cantares A todos responden. A todos, qu’ á Virxen Axuda pedín, Por que vos console No voso sufrir. Nos vosos tormentos, Nos vosos pesares. Coidá que comenso... ¡Meniñas, Dios diante! II Nasín cand’ as prantas nasen, Nô mes das froles nasín, Nunh’ alborada mainiña, Nunh’ alborada d’ abril. Por eso me chaman Rosa, Mais á dó triste sorrir, Con espiñas para todos, Sin ningunha para ti. Des que te quixen, ingrato, Tod’ acabou para min, Qu’ eras ti para min todo, Miña groria e meu vivir. ¿De qué, pois, te queixas, Mauro? ¿De qué, pois, te queixas, di, Cando sabes que morrera Por te contemplar felís? Duro crabo me encrabaches Con ese teu maldesir, Con ese teu pedir tolo Que non sei qué quer de min, Pois dinche canto dar puden Avariciosa de ti. _O meu corasón che mando_ _C’ unha chave par’ ó abrir,_ _Nin eu teño máis que darche,_ _Nin ti máis que me pedir._ III --Dios bendiga todo, nena; Rapaza, Dios che bendiga, Xa que te dou tan grasiosa, Xa que te dou tan feitiña, Qu’ anque andiven moitas terras, Qu’ anque andiven moitas vilas, Coma ti non vin ningunha, Tan redonda é tan bonita. ¡Ben haya quen te pariu! ¡Ben haya, amén, quen te cría! --Dios vos garde, miña vella; Gárdevos Santa Mariña, Qu’ a bofé sôs falangueira, Falangueira e ben cumprida. --Meniña, por ben falada Ningunha se perdería: Cóllens’ entr’ os paxariños Aqueles que mellor trían; Morre afogado entr’ as pallas O pitiño que non chía. --Pois si vos foras pitiño, Dígovos, miña velliña, Que dese mal non morreras, Que chiar ben chiarías. --¡Ay!, que si non de min fora, ¡Miña filla, miña filla! Sin agarimo no mundo Desde que nasín orfiña, De port’ en porta pedindo Tiben que pasar á vida. E cand’ á vida se pasa Cal vida de pelegrina, Que busca pelegrinando O pan tódo-los días, De cot’ en lares alleos, De cot’ en extrañas vilas, Hay que deprender estonces Por no morrer coitadiña, O pe d’ un valo tumbada E de todos esquencida, O chío dos paxariños, O recramo das pombiñas, O ben falar que comprase A humildá mansa qu’ obriga. --¡Moito sabés, miña vella, Moito de sabiduría! ¡Quén poidera correr mundo Por ser como vos sabida! Qu’ anque traballos se pasen Aló pó-las lonxes vilas, Tamén ¡qué cousas se saben! Tamén ¡qué cousas se miran! --Máis val que nâs mires nunca, Qu’ estonces te perderías: ¡O qu’ ó sol mirar precura Logo quedará sin vista! --Dirés verdá, miña vella; Mais craras as vosas niñas, Emprestouvos hastr’ agora Groriosa Santa Lucía. --Moita devoçón lle teño, ¡Miña santiña bendita! Mais non sempr’ as niñas craras Son proba de craras vistas. Moitas eu vin com’ á augua Que corr’ entr’ as penas frías Gorgorexando de paso, Sereniña, sereniña, Qu’ antre tiniebras pousaban, Qu’ antre tiniebras vivían, Nas tiniebras d’ os pecados Que son as máis escondidas. --Si de pecados falades, E pan qu’ onde queira espiga, En tóda-las partes crese, En todas partes se cría; Mais uns son cor de veneno, Outros de sangre runxida, Outros, com’ á noite negros, Medran c’ as lurpias dañinas, Qu’ os paren entr’ ouro e seda Arrolados pó-l’ envidia, Mantidos pó-la luxuria, Mimados pó-la cobiza. --«Quen ven está, ven estea.» Déixat’ estar, miña filla, Nin precures correr mundo Nin tampouco lonxes vilas, Qu’ ó mundo da malos pagos A quen lle da prendas finas, E nas vilas mal fixeras Qu’ á aquí facer non farías, Qu’ anque ese pan varolento En todas partes espiga, Nunhas apoucado crese, Noutras medra qu’ adimira. --Falás com’ un abogado, E calquera pensaría Que deprendestes nos libros Tan váreas palabrerías, Todiñas tan ven faladas, Todiñas tan entendidas; E tal medo me puñeches Que xa d’ aquí non sahira Sin levar _Santos-escritos_ E medalliñas benditas Nun lado do meu xustillo, Xunto d’ unha negra figa, Que me librasen das meigas E máis das lurpias dañinas. --Que te libren de ti mesma, Pídelle á Dios, rapariga, Que somos nos para nos As lurpias máis enemigas. Mais xa ven á noite vindo Co seu manto d’ estreliñas, Xa recolleron ó gando Que pastaba na cortiña, Xa lonx’ as campanas tocan, Tocan as Ave-Marías, Cada conexo ô seu tobo Lixeiro, lixeiro tira, Qu’ é mal compañeiro á noite Si á compañeiro s’ obriga. Mas ¡ay! qu’ eu non teño tobo Nin burata conocida, Nin tellado que me cruba Dos ventos da noite fría. ¡Qué vid’ á dos probes, nena! ¡Qué vida, qu’ amarga vida! Mais Noso Señor foi probe, ¡Qu’ esto d’ alivio nos sirva! --Amén, miña vella, amén; Mais pó-las almas benditas Oxe dormirás n’ un leito Feito de palliña triga, Xunta do lar que vos quente Cá borralliña encendida, E comerés un caldiño Con patacas e nabizas. --¡Bendito sea Dios, bendito, Bendit’ á Virxe María, Que con tanto ben m’ acode Por unha man compasiva! O Señor che dé fertuna Con moitos anos de vida; ¡Volvansech’ as tellas d’ ouro, As pedras de prata fina, E cada gran seu diamante Che se volva cada día! Y agora, miña rapaza, Por qu’ un pouco t’ adivirtas Bailando c’ as compañeiras Que garulan ná cociña, Eiche de contar historias, Eiche de cantar copriñas, _Eiche de tocar as cunchas,_ _Miña carrapucheiriña_. IV _Cantan os galos pr’ ó día,_ _Érguete, meu ben, e vaite._ _--¿Cómo m’ ei d’ ir, queridiña,_ _Cómo m’ ei d’ ir e deixarte?_ --D’ eses teus olliños negros Como doas relumbrantes, Hastr’ as nosas maus unidas As vagoas ardentes caen. ¿Cómo m’ ei d’ ir si te quero? ¿Cómo m’ ei d’ ir e deixarte, Si cá lengua me desvotas E có coraçón me atraes? N’ un corruncho do teu leito Cariñosa m’ abrigaches; Có teu manso caloriño Os fríos pes me quentastes; E d’ aquí xuntos miramos Por antr’ ó verde ramaxe, Cal iba correndo á lua Por enriva dos pinares. ¿Cómo queres que te deixe Cómo que de ti m’ aparte, Si máis qu’ á mel eres dulce E máis qu’ as froles soave? --Meiguiño, meiguiño meigo, Meigo que me namoraste, Baite d’ onda min meiguiño Antes qu’ ó sol se levante. --Ainda dorme, queridiña, Antr’ as ondiñas do mare, Dorme por que m’ acariñes E por qu’ amante me chames, Que sol’ onde ti, meniña, Podo contento folgare. --Xa cantan os paxariños, Érguete, meu ben, qu’ é tarde. --Deixa que canten, Marica, Marica, deixa que canten... Si ti sintes que me vaya, Eu relouco por quedarme. --Conmigo, meu queridiño, Mitá da noite pasaches. --Mais en tanto ti dormías Contenteime con mirarte, Qu’ así sorind’ entre sonos Coidaba qu’ eras un ánxel, E non con tanta pureza O pe d’ un ánxel velase. --Así te quero, meu ben, Com’ un santo dos altares; Mais fuxe... qu’ ó sol dourado Por riba dos montes saye. --Irey, mais dame un biquiño Antes que de ti m’ aparte; Qu’ esos labiños de rosa Inda non sei como saben. --Con mil amores cho dera, Mais teño que confesarme; E moita vergonza fora Ter un pecado tan grande. --Pois confésate, Marica, Que cando casar nos casen, Non ch’ han de valer, meniña, Ni confesores nin frades. ¡Adiós, cariña de rosa! --¡Raparigo, Dios te garde! V _Miña Santiña,_ _Miña Santasa,_ _Miña cariña_ _De calabasa._ _Ei d’ emprestarbos_ _Os meus pendentes,_ _Ei d’ emprestarbos_ _O meu collar;_ _Ei d’ emprestarcho,_ _Cara bonita,_ _Si me deprendes_ _A puntear._ --Costureiriña Comprimenteira, Sacha no campo, Malla na eira, Lava no río, Vay apañar Toxiños secos Antr’ ó pinar. Así á meniña Traballadora Os punteados Deprende ora. --Miña santiña, Mal me quixere Quen m’ aconsella Que tal fixere. Mans de señora, Mans fidalgueiras Teñen todiñas As costureiras; Boca de reina, Corpo de dama, Comprell’ á seda, Foxen d’ á lama. --¡Ay rapaciña! Ti tél-o teo: ¡¡¡Sed’ as que dormen Antr’ ó centeo!!! ¡Fuxir d’ á lama Quen naceu nela! Dios cho perdone, Probe Manuela. Lama con honra Non mancha nada, Nin seda limpa Honra emporcada. --Santa Santasa Non sós comprida, Decindo cousas Que fan ferida. Falaime solo D’ as muhiñeiras, D’ aquelas voltas Revirandeiras, D’ aqueles puntos Que fan agora, D’ afora adentro, D’ adentro afora. --Costureiriña D’ o carballal, Colle unha agulla Colle un dedal, Cose os buratos D’ ese teu cós, Qu’ andar rachada No manda Dios. Cose, meniña, Tantos furados, Y ora non penses Nos punteados. --Miña Santasa, Miña Santiña, Nin teño agulla, Nin teño liña, Nin dedal teño, Qu’ aló na feira Rouboume un majo Da faltriqueira, Decindo: «As perdas D’ os descoidados Fan ó lotiño D’ os apañados.» --¡Costureiriña, Qu’ á majos trata! Alma de cobre, Collar de prata. Mocidá rindo, Vellez chorando... Anda, meniña, Coida d’ o gando. Coida d’ as erbas D’ o teu erbal, Terás agulla, Terás dedal. --Deixad’ as erbas, Qu’ ó qu’ eu quería, Era ir cal todas A romería. ¡Y alí con aire Dar cada volta! Os ollos baixos, A perna solta. Pes lixeiriños, Corpo direito; ¡Pero, Santiña... Non lle dou xeito! Non vos metades Pedricadora, Bailadoriña Faceme agora. Vos dend’ arriva Andá correndo; Faced’ os puntos, Y eu adeprendo. Andá que peno Pó-los penares... Miray qu’ ó pido Chorando á mares. --¡Ay da meniña! ¡Ay da que chora! ¡Ay, porque quere Ser bailadora! Que cando durma No camposanto Os enemigos Faranlle espanto, Bailando enriva D’ as erbas mudas, O son d’ a negra Gaita de Xudas. Y aquel corpiño Que n’ outros días Tanto truara Nás romerías, O son dos ventos Máis desatados Rolará logo C’ os condenados. Costureiriña, N’ ei de ser, n’ ei, Quen che deprenda Tan mala ley. --¡Ay que Santasa! ¡Ay que Santona! Ollos de meiga, Cara de mora, Por n’ ei de porche Os meus pendentes, Por n’ ei de porche O meu collar, Xa que non queres, Xa que non sabes Adeprenderme A puntear. VI _Nosa Señora da Barca_ _Ten ó tellado de pedra;_ _Ben ó pudera ter d’ ouro_ _Miña Virxen, si quixera._ I ¡Cánta xente..., cánta xente Por campiñas e por veigas! ¡Cánta pó-lo mar abaixo Ven camiño da ribeira! ¡Qué lanchas tan ben portadas Con aparellos de festa! ¡Qué botes tan feituquiños, Con tan feituquiñas velas! Todos cargadiños veñen De xentiña forasteira, E de rapazas bonitas Cura de todas las penas. ¡Cántos dengues encarnados! ¡Cántas sintas amarelas! ¡Cántas cofias pranchadiñas Dende lonxe relumbrean, Cal si fosen neve pura, Cal froles da primaveira! ¡Cánta maxesa nos homes, Cánta brancura nas nenas! Y eles semellan gallardos Pinos qu’ os montes ourean, Y elas cogolliños novos C’ orballo da mañán fresca. As de Muros, tan finiñas, Qu’ un coidara que se creban, C’ aquelas caras de virxe C’ aqueles ollos de almendra, C’ aqueles cabelos longos Xuntados en longas trenzas, C’ aqueles cores rousados, Cal si á aurora llos puñera, Pois así son de soaves Com’ aurora que comenza; Descendentes das airosas Fillas de pagana Grecia, Elas de negro se visten, Delgadiñas e lixeiras, Refaixo e mantelo negro, Zapato e media de seda, Negra chaqueta de raso, Mantilla da mesma peza, Con terciopelo adornado, Cánto enriva de sí levan; Filas de reinas parecen, Griegas estatuas semellan, Si á un rayo de sol poñente Repousadas se contempran; Ricos panos de Manila, Brancos e cor de sireixa, Crúzanse sobre ó seu seyo Con pudorosa modestia; E por antr’ eles relosen, Como brillantes estrelas, Aderesos e collares De diamantes e de pelras, Pendentes de filigrana E pechuguiñas de cera. As de Camariñas visten, Cal rapaciñas gaiteiras, Sayas de vivos colores Pó-lo pescozo da perna, Lucindo ó negro zapato Enriva de branca media. Chambras feitas de mil rayas Azuladas e bermellas, Con guarniciós que lles caen Sobr’ á rumbosa cadeira. Para tocar ó pandeiro, Non hay coma tales nenas, Que son as Camariñanas Feitas de sal e canela. As de Cé, ¡Virxe do Carme!, ¡Qué cariñas tan ben feitas! Cando están coloradiñas No ruxe-ruxe da festa; Cada mirar dos seus ollos Fire como cen saetas; Nin hay mans tan ben cortadas, Tan branquiñas e pequenas, Com’ as qu’ amostran finxindo Que non queren que llas vexan. Son as de Laxe unhas mozas, ¡Vaya unhas mozas aquelas! Sólo con velas de lonxe, Quitaselles á monteira; Porque son vivas de xenio Anque son rapazas netas. Bailadoras..., n’ hay ningunhas Que con elas se entrometan, Pois por bailar, bailarían No cribo d’ unha peneira; Mais en tocando á que recen, En rezar son as pirmeiras... Dan ó mund’ ó qu’ é do mundo, Dan á ygrexa ó qu’ é da ygrexa. As de Noya, ven s’ axuntan C’ as graciosas Rianxeiras, Pó-los redondos peïños, Pó-las cabeleiras crechas Pó-los morenos lunares, E pó-las agudas lenguas, Qu’ abofé qu’ en todo pican Como si fosen pementa. Veñen dempois recatadas, Anqu’ un pouquiño soberbias Por aquelo qu’ elas saben D’ antigüedad, e nobresa (Pois por acá todos somos Tal coma Dios nos fixera), As meniñas ben compostas D’ unha vila quisquilleira, Que por onde van parece Que van dicindo: «¡Canela! ¿Prantamos ou non prantamos A cantas hay n’ esta terra?» Mais si prantan ou non prantan, Non son eu quen ó dixera, Que fora pouca cordura, Que fora farta llanesa. Baste desir que xuntiñas Todas na porta da ygrexa Máis bonitas parecían Qu’ un ramiño de asucenas; Máis frescas qu’ unha leituga, Máis sabrosiñas que fresas. Xa que fosen de Rianxo, Que fosen de Redondela, De Camariñas ou Laxe, De Laxe ou de Pontareas, Todas eran tan bonitas, Todas tan bonitas eran, Qu’ o de máis duras entrañas Der’ as entrañas por elas... Por eso se derretían, Cal si foran de manteiga, Diante delas os rapaces, Os rapaciños da festa, Os mariñeiros do mare, Que dond’ á Virxen viñeran, Por qu’ á Virxen os salvara De naufragar na tormenta. Mais si salvaron no mare, Non se salvarán na terra; Mariñeiros, mariñeiros, Qu’ aquí tamén hay tormentas Qu’ afogan corasonciños Sin que lle vallan ofertas, Qu’ oye á Virxe os que s’ afogan Do mar antr’ as ondas feras, Mas non oye os namorados, Que d’ afogarse s’ alegran. II Ramo de froles parece, Muxía á das altas penas Con tanta rosa espallada N’ aquella branca ribeira, Con tanto carabeliño Que relose antr’ as areas, Con tanta xente que corre Que corr’ e se sarandea O son das gaitas que tocan E das bombas que reventan; Uns que venden limoada, Outros augua que refresca, Aqueles dulces resolio Con rosquilliñas d’ almendra, Os de máis alá sandías Con sabrosas sirigüelas, Mentras tanto qu’ algún cego O son d’ alegre pandeira, Toc’ un carto de guitarra Para que bailen as nenas. ¡Bendita á Virxe da Barca, Bendita por sempre sea! ¡Miña Virxen milagrosa, En que tantos se recrean! Todos van por visitala, Todos alí van por vela Na sua barca dourada, Na sua barca pequena, Dond’ están dous anxeliños, Dous anxeliños que reman. Alí chegou milagrosa Nunha embarcaçón de pedra, Alí, porque Dios ó quixo, Sempre adoradores teña. A pedra vala que vala, Sírvelle de centinela, E mentras dormen os homes, El’ adoraçón lle presta Con aquel son campanudo Qu’ escoitar lonxe se deixa, E á quen ó mar con bramidos Humildosos lle contesta. Cando as campanas repican E á música retumbea, Cal nun ceo, pó-las naves Da recollidiña ygrexa, Cand’ os foguetes estalan Nos aires, e voces frescas Pó-lo espaço, c’ as gaitiñas E c’ os tambores se mescran, Estonces a pedra vala Tan alegr’ e tan contenta, Qu’ anqu’ un cento de presoas Brinca e salta enriva dela, Coma si fose mociña, Máis que unha pruma lixeira, Alegre com’ unhas pascuas Salta e rebrinca con elas. Choven estonces presentes, Choven estonces ofertas, Que lle traen os romeiros En feitiñas carabelas, Diante da Virxe bendita, Os pes da sagrada Reina, E por eso alí lle cantan Cando se despiden d’ ela: _Nosa Señora da Barca_ _Ten ó tellado de pedra;_ _Ben ó pudera ter d’ ouro_ _Miña Virxe, si quixera._ VII Fun un domingo, Fun pó-la tarde, Có sol que baixa Tras dos pinares, C’ as nubes brancas Sombra dos ánxeles, C’ as palomiñas Qu’ as alas baten, Con un batido Manso e suave, Atravesando Vagos celaxes, Mundos extraños Qu’ en rayos parten, Ricos tesouros D’ ouro e diamante. Pasin os montes, Montes e valles, Pasin llanuras E soedades; Pasin os regos, Pasin os mares, Con pes enxoitos E sin cansarme. — Colleum’ a noite, Noite brillante, C’ unha luniña Feita de xaspes, E fun con ela Camiño adiante, C’ as estreliñas Para guiarme, Qu’ aquel camiño Sólo elas saben. Dempois á aurora Có seu sembrante, Feito de rosas Veu á alumbrarme; E vin estonces, Antr’ o ramaxe D’ olmos é pinos Acobexarse, Branca casiña Con palomare, Dond’ as pombiñas Entran e sayen. N’ ela s’ escoitan Doçes cantares, N’ ela garulan Mozos galantes C’ as rapaciñas D’ outros lugares. Tod’ é contento, Tod’ é folgare, Mentras a pedra Bate que bate, Mole que mole, Dalle que dalle; Con lindo gusto Faille compases. Non hay sitiño Que máis m’ agrade Qu’ aquel muhiño D’ os castañares, Dond’ hay meniñas, Dond’ hay rapaces Que ricamente Saben loitare. Donde rechinan Hasta cansarse Mozos e vellos, Nenos é grandes; E anque non queren Qu’ aló me baixe, Sin qu’ o soupera Na casa naide, _Fun ó mohiño_ _D’ ó meu compadre,_ _Fun pó-lo vento,_ _Vin pó-lo aire._ VIII Un repoludo gaitero De pano sedán vestido, Com’ un príncipe cumprido, Cariñoso e falangueiro, Antr’ os mozos o pirmeiro E nas siudades sin par, Tiña costum’ en cantar Aló pó-la mañanciña: _Con esta miña gaitiña_ _As nenas ei d’ engañar._ Sempre pó-la vila entraba Con aquel de señorío, Sempre con poxante brío Co tambor s’ acompasaba: E si na gaita sopraba, Era tan doçe soprar, Que ven fixera en cantar Aló pó-la mañanciña: _Con esta miña gaitiña_ _As nenas ei d’ engañar._ Todas por él reloucaban, Todas por él se morrían, S’ ó tiñan cerca, sorrían, S’ ó tiñan lonxe, choraban. ¡Mal pecado!, non coidaban Que c’ aquel seu frolear Tiña costum’ en cantar Aló pó-la mañanciña: _Con esta miña gaitiña_ _As nenas ei d’ engañar._ Camiño da romería, Debaixo d’ unha figueira, Canta meniña solteira ¡Quérote!, lle repetía..., Y él c’ á gaita respondía Por á todas envoucar, Pois ven fixeira en cantar Aló pó-la mañanciña: _Con esta miña gaitiña_ _As nenas ei d’ engañar._ Elas louquiñas bailaban E por xunta d’ él corrían, Cegas..., cegas que no vían As espiñas qu’ as cercaban; Probes palomas, buscaban A luz qu’ as iba queimar, Pois qu’ él soupera cantar Aló pó-la mañanciña: _Ó son da miña gaitiña_ _As nenas ei d’ engañar._ ¡Nas festas, cánto contento! ¡Cánta risa nas fiadas! Todas, todas namoradas Deranll’ ó seu pensamento; Y él que d’ amores sedento Quixo á todas engañar, Cand’ as veu dimpois chorar Cantaba nas mañanciñas: _Non sean elas toliñas,_ _Non veñan ô meu tocar._ IX Díxome nantronte ó Cura Qu’ é pecado... Mais aquel de tal fondura Como ó facer desbotado. Dalle que dalle ó argadelo, Noite é día, E pensa e pensa n’ aquelo, Porfía que te porfía... Sempre malla que te malla, Enchendo á cunca, Porque ó que ó diantre traballa Din que acaba tarde ou nunca. Canto máis digo _¡arrenegado!_, _¡Demo fora!_, Máis ó demo endemoncrado, M’ atenta dempois y agora. Mais ansias teño, mais sinto, ¡Rematada!, Que non me queira Xacinto Nin solteira nin casada. Porque d’ este ou d’ outro modo, A verdá digo, Quixera atentalo e todo, Como m’ atenta ó enemigo. ¡Que é pecado..., miña almiña! Máis que sea; ¿Cál non vay, s’ é rapaciña, Buscando ó que ben desea? Nin podo atopar feitura, Nin asento, Que me está dando amargura Sempre este mal pensamento. Din que parês lagarteiro Desprumado, S’ é verdad, ¡meu lagarteiro Ten-m’ ó coraçón prendado! «Cara de pote fendido», Ten d’ alcume; Mellor que descolorido Queróo tostado de lume. S’ elas calente miraran Meu amore, Nin toliña me chamaran, Nin ti me fixeras dore. Vino unha mañana d’ orballo, Á mañecida, Durmindo ô pe d’ un carballo, Enriba d’ a erba mollida. Arrimeime paseniño A sua veira, E sospiraba mainiño Como brisa mareeira. E tiña á boca entr’ aberta, Com’ un neno Que mirand’ ó ceu desperta Deitadiño antr’ ó centeno. Y as guedellas enrisadas Lle caían, Cal obellas en manadas, Sobre as froliñas que abrían. ¡Meu Dios! ¡Quén froliña fora, Das d’ aquelas... Quen as erbas qu’ en tal hora, O tiñan pretiño d’ elas! ¡Quén xiada, quén orballo, Qu’ ó mollou! ¡Quén aquel mesmo carballo Que c’ as pónlas ó abrigou! Mentras qu’ así ó contempraba Rebuleu, E pensei que me afogaba, O corazonciño meu. Bate que bate, batía Sin parar, Mais eu tembrando decía, Agora ll’ ei de falar. E volveu á rebulir Muy paseniño, ¡Ay!, e votei á fuxir, Lixeira pó-lo camiño. Despois chora que te chora Avergonzada, Dixen:--S’ el non me namora, Non lle direi nunca nada. E non me namora, non, ¡Maldizoado! Mentras ó meu coraçón Quérelle anque sea pecado. E vai tras d’ outras mociñas Tan contento, Y eu, con unhas cadiñas Prendino ô meu pensamento. E que queira que non queira, Está conmigo, Y á postre, y á derradeira, Con él m’ atenta ó enemigo. ¡Sempre malla que te malla _Enchendo á cunca!_ _Y é qu’ ó qu’ ó demo traballa,_ _Acabará tarde ou nunca._ Por eso, anqu’ ó Cura dixo Qu’ é pecado, Mal que tanto mal me fixo, Nunca ó darei desbotado. X «Quixente tanto, meniña, Tivenche tan grande amor, Que para min eras lua, Branca aurora e craro sol, Augua limpa en fresca fonte, Rosa do xardín de Dios, Alentiño do meu peito, Vida do meu corazón.» Así che falín un día Camiñiño de San Lois, Tod’ oprimido d’ angustia, Todo ardente de pasión; Mentras que ti m’ escoitabas, Depinicando unha frol, Por qu’ eu non vise os teus ollos Que refrexaban traiciós. Dempois que _sí_ me dixeches, En proba de teu amor, Décheme un carabeliño, Que gardín no corazón. ¡Negro carabel maldito Que me fireu de dolor!... Mais á pasar pó-lo río ¡O carabel afondou!... _«Tan bó camiño ti leves_ _Com’ ó carabel lebou.»_ XI _Campanas de Bastabales,_ _Cando vos oyo tocar,_ _Mórrome de soidades._ I Cando vos oyo tocar, Campaniñas, campaniñas, Sin querer torno á chorar. — Cando de lonxe vos oyo, Penso que por min chamades, E das entrañas me doyo. — Dóyome de dor ferida, Qu’ antes tiña vida enteira Y oxe teño media vida. — Sólo media me deixaron Os que d’ aló me trouxeron, Os que d’ aló me roubaron. — Non me roubaran, traidores, ¡Ay!, uns amores toliños, ¡Ay!, uns toliños amores. — Qu’ os amores xa fuxiron, As soidades viñeron... De pena me consumiron. II Aló pó-la mañanciña Subo enriva dos outeiros Lixeiriña, lixeiriña. — Com’ unha craba lixeira, Para oir das campaniñas A batalada pirmeira. — A pirmeira d’ alborada Que me traen os airiños, Por me ver máis consolada. — Por me ver menos chorosa, Nas sus alas má traen Rebuldeira e queixumbrosa. — Queixumbrosa e retembrando Por antr’ a verd’ espesura, Por antr’ o verde arborado. — E pó-la verde pradeira, Por riba da veiga llana Rebuldeira e rebuldeira. III Paseniño, paseniño, Vou pó-la tarde calada, De Bastabales camiño. — Camiño do meu contento; Y en tant’ o sol non s’ esconde, Nunha pedriña me sento. — E sentada estou mirando Cóm’ á lua vay sahindo, Cóm’ ó sol se vay deitando. — Cál se deita, cál s’ esconde, Mentras tanto corre á lua Sin saberse para dónde. — Para dónde vay tan soya, Sin qu’ á os tristes qu’ á miramos Nin nos fale nin nos oya. — Que si oira e nos falara, Moitas cousas lle dixera, Moitas cousas lle contara. IV Cada estrela, o seu diamante; Cada nube, branca pruma, Trist’ á lua marcha diante. — Diante marcha crarexando Veigas, prados, montes, ríos, Dond’ ó día vay faltando. — Falt’ ó día, e noit’ escura Vaixa, vaixa pouc’ á pouco, Por montañas de verdura. — De verdur’ e de follaxe, Salpicada de fontiñas Vaixo á sombra do ramaxe. — Do ramaxe donde cantan Paxariños piadores, Que c’ aurora se levantan. — Que c’ á noite s’ adormecen Para que canten os grilos Que c’ as sombras aparecen. V Corre ó vento, ó río pasa, Corren nubes, nubes corren Camiño da miña casa. — Miña casa, meu abrigo: Vanse todos, eu me quedo Sin compaña nin amigo. — Eu me quedo contemprando As laradas d’ as casiñas Por quen vivo sospirando. — Ven á noite..., morre ó día, As campanas tocan lonxe O tocar d’ _Ave María_. — Elas tocan pra que rece, Eu non rezo, qu’ os saloucos Afogándome parece Que por min tên que rezar; _Campanas de Bastabales,_ _Cando vos oyo tocar,_ _Mórrome de soidades._ XII I Vint’ unha crara noite, Noitiña de San Xoán, Poñend’ as frescas herbas Na font’ á serenar. E tan bonit’ estabas, Cal rosa no rosal, Que d’ orballiño fresco Toda cubert’ está. Por eso namorado, Con manso sospirar Os meus amantes brazos Voteiche pó-lo ban. E ti con doçes ollos E máis doçe falar, Meiguiña m’ envoucastes En pracido solás. As estrelliñas todas Qu’ aló no espaço están, Sorrindo nos miraban Con soave craridá. E foron, ¡ay!, testigos D’ aquel teu sospirar Qu’ ô meu correspondía Con amoriño igual. Pero dempois con outros Máis majos e galans (Mais non que máis te queiran, Qu’ haber non haberá), Tamén, tamén, meniña, Soupeches praticar A sombra dos salgueiros Cabo do romeiral. Por eso eu che cantaba En triste soledá, Cando, ¡ay de min!, te vía Con eles parolar. Coida, miña meniña, Das práticas que dás, _Que donde moitos cospen,_ _Lama fan_. II ¡Qué triste agora te vexo!... ¡Qué triste, nena, estás!... ¿Os teus frescos colores, Dónde, meniña, van? ¿O teu mirar sereno, O teu doçe cantar, Dónde, meniña, dónde, Coitada toparás? Xa non te vin, meniña, Na noite de San Xoán Poñend’ as frescas herbas Na font’ á serenar. Xa non te vin fresquiña Cal rosa nó rosal, Que muchadiña estabas De tanto saloucar. Hôra de dor ferida Buscando á honriña vas, Á honriña que perdeches, Mais ¿quén ch’ á volverá? Eu ben, miña meniña, Ben ch’ á quixera dar, Qu’ aquel que ben te quixo Dóise de verte mal. Mais anque dir, eu diga, Que limpa, nena estás, Respóndenme sorrindo Por se de min bulrar. «Ben sabes, Farruquiño, Farruco dó Pombal, _Que donde moitos cospen,_ _Lama fan_.» XIII _San Antonio bendito,_ _Dádeme un home,_ _Anque me mate,_ _Anque m’ esfole._ Meu santo San Antonio Daime un homiño, Anqu’ ó tamaño teña D’ un gran de millo. Daimo, meu santo, Anqu’ os pes teña coxos, Mancos os brazos. — Unha muller sin home... ¡Santo bendito! É corpiño sin alma, Festa sin trigo. Pau viradoiro, Qu’ onda queira que vaya Troncho que troncho. — Mais en tend’ un homiño, ¡Virxe do Carme!, Non hay mundo que chegue Para un folgarse. Que zamb’ ou trenco, Sempr’ é bó ter un home Para un remedio. — Eu sey d’ un que cobiça Causa miralo, Lanzaliño de corpo, Roxo e encarnado. Carniñas de manteiga, E palabras tan doçes Cal mentireiras. — Por él peno de día, De noite peno, Pensando nós seus ollos Color de ceo. Mais el xa doito, D’ amoriños entende, De casar pouco. — Facé, meu San Antonio, Qu’ onda min veña, Para casar conmigo, Nena solteira. Que levo en dote Unha culler de ferro, Catro de boxe. — Un hirmanciño novo Que xa ten dentes, Unha vaquiña vella Que non da leite... ¡Ay!, meu santiño, Facé que tal suceda Cal vo lo pido. — San Antonio bendito, Dádeme un home, Anque me mate, Anque m’ esfole. Que zamb’ ou trenco, Sempr’ é bó ter un home Para un remedio. XIV Acolá enriba Na fresca montaña, Qu’ alegre se crobe De verde retama, Meniña morena De branco vestida, Nubiña parece No monte perdida. Que xira, que corre, Que torna, que pasa, Que rola, e mainiña Serena se para. Xa embolta se mira N’ espuma que salta, Do chorro que ferve Na rouca cascada. Xa erguida na punta De pena sombrisa, Inmoble cal virxe De pedra se mira. A cofia de liño A os ventos soltada, As trenzas descoida Qu’ os aires espallan; Tendida-las puntas Do pano de seda, As alas d’ un ánxel De lonxe semellan. Si as brisas da tarde Xogando con elas As moven ca gracia Qu’ un ánxel tivera. Eu penso, ¡coitado De min!, que me chaman Si as vexo bulindo Na verde enramada, Mas ¡ay!, qu’ os meus ollos M’ engañan traidores, Pois vou, e lixeira Na niebra s’ esconde; S’ esconde outras veces Na sombra dos pinos E cant’ escondida Cantares dulciños, Qu’ abrasan, que firen, Ferida d’ amor, Que teño feitiña No meu coraçón. ¡Qué feita, qué linda, Qué fresca, qué branca, Dou Dios á meniña Da verde montaña! ¡Qu’ hermosa parece, Que chore, que xima; Cantando, sorrindo, Disperta, dormida! ¡Ay!, si seu pay Por regalo ma dera, ¡Ay!, non sentira No mundo máis penas. ¡Ay!, que por tela Conmigo por dama, _Eu llá vestira,_ _Eu llá calzara._ XV _Adiós ríos, adiós fontes,_ _Adiós regatos pequenos,_ _Adiós vista dos meus ollos,_ _Non sei cándo nos veremos._ Miña terra, miña terra, Terra donde m’ eu criei, Hortiña que quero tanto, Figueiriñas que prantei. Prados, ríos, arboredas, Pinares que move ó vento, Paxariños piadores, Casiña do meu contento. Muhiño d’ os castañares, Noites craras de luar, Campaniñas timbradoras Da igrexiña dó lugar. Amoriñas d’ ás silveiras Qu’ eu lle dab’ ó meu amor, Camiñiños antr’ ó millo, ¡Adiós para sempr’ adiós! ¡Adiós groria! ¡Adiós contento! ¡Deixo á casa onde nacín, Deixo á aldea que conoço, Por un mundo que non vin! Deixo amigos por extraños, Deixo a veiga pó-lo mar, Deixo, en fin, canto ben quero... ¡Qué pudera non deixar!... Mais son probe, e mal pecado, A miña terra n’é miña, Qu’ hastra lle dan de prestado A veira por que camiña Ó que naceu desdichado. Téñovos, pois, que deixar, Hortiña que tanto amei, Fogueiriña do meu lar, Arboriños que prantei, Fontiña do cabañar. Adiós, adiós, que me vou, Herbiñas do camposanto, Donde meu pay s’ enterrou, Herbiñas que biquey tanto, Terriña que nos criou. Adiós, Virxe d’ Asunción, Branca com’ un serafín, Lévovos no coraçón: Pedídelle á Dios por min, Miña Virxe d’ Asunción. Xa s’ oyen lonxe, moy lonxe, As campanas do pomar, Para min, ¡ay!, coitadiño, Nunca máis han de tocar. Xa s’ oyen lonxe, máis lonxe... Cada balada é un dolor; Voume soyo, sin arrimo... Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós! ¡Adiós tamén, queridiña... Adiós por sempre quizáis!... Dígoch’ este adiós chorando Desd’ á veiriña do mar. Non m’ olvides, queridiña, Si morro de soidás... Tantas legoas mar adentro... ¡Miña casiña!, ¡meu lar! XVI _Eu ben vin estar ó moucho_ _Enriba d’ aquel penedo:_ _¡Non che teño medo, moucho,_ _Moucho, non che teño medo!_ I Unha noite, noite negra, Com’ os pesares qu’ eu teño, Noite filla das sombrisas, Alas que extenden os medos; Hora en que cantan os galos, Hora en que xemen os ventos, En qu’ as _meigas_ bailan, bailan, Xuntas có demo pirmeiro, Arrincando verdes robres, Portas e tellas fendendo, Todas de branco vestidas, Tendido-los brancos pelos Contra quen os cans oubean Agoirando triste enterro; Cando relumbrar se miran Antr’ os toxales espesos, Cal encendidas candeas Ollos de lobo famento, E os ramallaxes dos montes Antre sí murmuxan quedos, E as follas secas qu’ espallan Os aires da noite inquietos En remuiños se xuntan Con longo estremecemento; Indo camiño da igrexa, Soya cós meus pensamentos Cabo da fonte da Virxe Pretiño do cimenterio, Dempois de sentir un sopro Que me deixou sin alento: _Eu ben vin estar ó moucho_ _Enriba d’ aquel penedo._ II Arrepuïñadas todas As carnes se me puñeron, E os cabelos no curuto Fórons’ erguendo direitos: Gotas de sudor corrían Afio pó-lo meu peito, E tembraba como tremban As auguas cando fay vento, Ná pia da fonte nova Que sempre está revertendo. Aquel moucho alí fincado, Cal si fose ó mesmo demo, Fito á fito me miraba Có seus ollos rapiñeiros, Que coidei que me roubaban Non máis que de lonxe velos. De lume me paresían E que me queimaron penso; Penso qu’ eran tizós roxos Da fogueira dos infernos Que pó-las niñas me entraron Hastr’ ó coraçón dereitos. En él remorsos había D’ amoriños pecadentos... ¡Ay, quen ten d’ eses amores Non pod’ achar bon sosiego! Chovía si Dios ten augua, Ventaba en tódo-los ventos, E ensarrapicada toda A camiñar non m’atrevo, Qu’ ó moucho, fita que fita, M’ aspera na quel penedo, Mais acordeime da Virxe Que sempre conmigo levo, Résoll’ un Ave-María, E cobrando novo alento, Com’ os páxaros do mare, Nadando paso ó regueiro; Corro á enriba dó valado, Brinco en baixo dó portelo, E dend’ alí, berro entonces Con cantas forzas eu teño: _Non che teño medo, moucho,_ _Moucho, non che teño medo._ XVII _Airiños, airiños aires,_ _Airiños da miña terra;_ _Airiños, airiños aires,_ _Airiños, levaime á ela._ Sin ela vivir non podo, Non podo vivir contenta, Qu’ adonde queira que vaya, Cróbeme unha sombra espesa. Cróbeme unha espesa nube Tal preñada de tormentas, Tal de soidás preñada, Qu’ á miña vida envenena. Levaime, levaime airiños, Com’ unha folliña seca, Que seca tamén me puxo Á callentura que queima. ¡Ay!, si non me levás pronto, Airiños da miña terra; Si non me levás, airiños, Quisáis xa non me conesan. Qu’ á frebe que de min come, Vaime consumindo lenta, E no meu coraçonciño Tamén traidora se ceiba. Fun n’ outro tempo encarnada Com’ á color da sireixa, Son oxe descolorida Com’ os cirios d’ as igrexas, Cal si unha meiga chuchona Á miña sangre bebera. Voume quedando muchiña Com’ unha rosa qu’ inverna; Voume sin forzas quedando, Voume quedando morena, Cal unha mouriña moura, Filla de moura ralea. Levaime, levaime, airiños, Levaime adonde m’ esperan Unha nay que por min chora, Un pay que sin min n’ alenta, Un hirmán por quen daría Á sangre d’ as miñas venas, E un amoriño á quen alma E vida lle prometera. Si pronto non me levades, ¡Ay!, morrerei de tristeza, Soya n’ unha terra extraña, Dond’ extraña m’ alomean, Donde todo canto miro Todo me dic’ ¡extranxeira! ¡Ay miña probe casiña! ¡Ay miña vaca bermella! Años, que valás nos montes, Pombas, qu’ arrulás nas eiras, Mozos, qu’ atruxás bailando, Redobre d’ as castañetas, Xas-co-rras-chás d’as cunchiñas, Xurre-xurre d’ as pandeiras, Tambor do tamborileiro, Gaitiña, gaita gallega, Xa non m’ alegras dicindo: ¡Muiñeira!, ¡muiñeira! ¡Ay, quén fora paxariño De leves alas lixeiras! ¡Ay, con qué prisa voara Toliña de tan contenta, Para cantar á alborada Nos campos da miña terra! Agora mesmo partira, Partira com’ unha frecha, Sin medo as sombras da noite, Sin medo da noite negra. E que chovera ou ventara, E que ventara ou chovera, Voaría, e voaría Hastra qu’ alcansase á vela. Pero non son paxariño E irey morrendo de pena, Xa en lágrimas convertida, Xa en suspiriños desfeita. Doçes galleguiños aires, Quitadoiriños de penas, Encantadores d’ as auguas, Amantes d’ as arboredas, Música d’ as verdes canas, Do millo d’ as nosas veigas, Alegres compañeiriños, Run-run de tóda-las festas, Levaime nas vosas alas Com’ unha folliña seca. Non permitás qu’ aquí morra, Airiños da miña terra, Qu’ ainda penso, que de morta Ei de sospirar por ela. Ainda penso, airiños aires, Que dimpois que morta sea, E aló pó-lo camposanto, Dond’ enterrada me teñan, Pasés na calada noite Runxindo antr’ á folla seca, Ou murmuxando medrosos Antr’ as brancas calaveras, Inda dimpois de mortiña, Airiños da miña terra, Éivos de berrar: ¡Airiños, Airiños, levaime á ela! XVIII Á Ó SR. D. CAMILO ÁLVAREZ E CASTRO CHANTRE DA CATEDRAL DE SALAMANCA I Roxiña cal sol dourado, Garrida cal fresca rosa, Iba pó-lo monte hermosa Có branco pe descalzado... Copo de neve pousado, Deslumbrando á luz do día, Tan branco pe parecía. — As longas trenzas caídas, Con quen os ventos xogaban, Ondiñas d’ ouro formaban Na branca espalda tendidas; Apertadas e bruñidas Qu’ espigas eran, coidara O que de lonxe as mirara. — Tiñan os cores do mare, Os seus olliños dormentes, Máis doçes, máis transparentes, Naide os poidera encontrare; Naide velos sin amare O coraçón sin falsía, Que por antr’ eles se vía. — Levaba na frente á yalma, Nos doçes labios á risa, Auguiña que ó vento enrisa, Pousaba no fondo en calma. Tal como gallarda palma Cimbrase con folgura A delgadiña cintura. — Ó par da brisa temprada Qu’ antr’ os salgueiros corría, Ela correndo seguía Unha veiriña encantada. Qu’ alí mansa e sosegada Manaba unha fresca fonte Cabo da falda do monte. II Franca, pura, sin enganos, Canta, canta, garruleira, Ó pe da verde silveira Laband’ os seus brancos panos. Ó son dos romores vanos Que nacen cá mañanciña, Lava, lava na fontiña. — Xunto d’ ela os paxariños Gorgorexan qu’ é un contento, Faille festiñas ó vento C’ os seus hirmáns os airiños. Os pastores, coitadiños, Cantanlle ó doçe _a... la... la..._ Que lengua de amores fala. — Ela honesta está escoitando, Mais con sospiros responde, Qu’ aló garda non sei dónde Saudades de non sei cándo. Os paniños vay lavando E á tendelos s’ apresura Nun campiño de verdura. — Dempois no rego que pasa, Verte unha vagoa serena, Filla da escondida pena Qu’ o seu peitiño traspasa. Pois que d’ amores s’ abrasa Aquela qu’ é fresca rosa Tan amante como hermosa. — Compañeiras van chegando Cal máis á máis ven portada, Xarros de louza vidrada, Antr’ os seixos van pousando. Cay á auguiña mormuxando, Brancas vinchas se levantan, As meniñas cantan..., cantan. — As estrelas van fuxindo A espesa niebra enrarece, O arboriño que frorece Por antr’ ela vay sahindo. O craro sol vay subindo Por riba do firmamento, Limpo, garrulo e contento. — Arredor tod’ arrescende A olido de primadera, Y á ló n’ azulada esfera Fogax de groria s’ encende. Mais á meniña n’ atende Si non á ó dor ¡mal pecado! Que ten no peito encravado. — Danll’ extrañeza os cantares, Danlle de chorar deseyos, Y os ollos de vagoas cheyos, Pensa nos nativos lares. Que n’ hay máis tristes pesares, Máis negra malencolía Qu’ á qu’ entr’ extraños se cría. — Paxariños, verde prado, Branca lua e sol ardente, Todo consolo é impotente En mal tan desconsolado. Todo contento é trubado Pó-la peniña sin fondo Qu’ hay no coraçón abondo. — Por eso á meniña hermosa, Foxe d’ alegre fontiña, Tal como triste ovelliña Que trema de dor queixosa. Vay sentida, vay chorosa, Mentras lle cantan con saña: «¡Da montaña!, ¡da montaña!» — Y ela, que de tal s’ extraña, Ferida no que máis sinte, Qu’ á maltraten non consinte, Y así lles contesta huraña: _Anque ché son da montaña,_ _Anque ché son montañesa,_ _Anque ché son, non me pesa._ XIX Pasa río, pasa río, Có teu maino rebulir; Pasa pas’ antr’ as froliñas Color d’ ouro e de marfil, A quen c’ os teus doçes labios Tan doçes cousas lles dis. Pasa, pasa, mais non vexan Que te vas á ó mar sin fin, Porqu’ estonces ¡ay, probiñas, Cánto choraran por ti! ¡Si souperas qu’ extrañeça, Si souperas qué sofrir Desque dél vivo apartado O meu coraçón sentiu! Tal m’ acoden as soidades, Tal me queren afrixir, Qu’ inda máis feras m’ afogan, Si as quero botar de min. Y ¡ay, que fora das froliñas Vendote lonxe de si Ir pó-la verde ribeira, Da ribeira dô Carril! Pasa, pasa, caladiño, Có teu manso rebulir, Camiño dô mar salado, Camiño dô mar sin fin; E leva estas lagrimiñas, Si as de chegar por alí, Pretiño dos meus amores, Pretiño dô meu vivir. ¡Ay, quén lagrimiña fora Prá ir, meu ben, xunta ti!... ¡Quén fixera un caminiño Para pasar, ay de min! _Si á mar tibera barandas_ _Fórate ver á o Brasil;_ _Mais á mar non ten barandas,_ _Amor meu, ¿por don’ ey d’ ir?_ XX _--Hora, meu meniño, hora,_ _¿Quen vos ha de dar á teta,_ _Si tua nay vay no muhiño,_ _E teu pay na leña seca?_ Eu cha dera, miña xoya, Con mil amores cha dera, Hastra rebotar meu santo, Hastra que máis non quixeras, Hastra verte dormidiño Con esa boca tan feita, Sorrindo todo fartiño, Cal ubre de vaca cheya. Mais ¡ay, qué noite che agarda! Mais ¡ay, qué noite ch’ espera! Qu’ anque duas fontes teño, Estas fontiñas non deitan. Hora, meu meniño, hora, Cánto chorarás por ela, Sin ter con que t’ acalente, Sin ter con que t’ adormeça, Que soyo, soyo quedaches Com’ unha ovelliña enferma, Tremando, malpocadiño, Com’ as ovelliñas treman. Sin cobirtor que te cruba Nunhas palliñas te deitan E neve e chuvia en ti caen Por antr’ as fendidas tellas. E silva ó vento que pasa Pó-las mal xuntadas pedras, E cal coitelo afilado No teu corpiño se ceiba. ¡Ay, cando veña tua nay! ¡Ay, cando ch’ á tua nay veña! Cal te topará, meniño, Frío com’ á neve mesma, Para chorar sin alento, Rosiña que os ventos creban... ¡Ay, más valera, meniño, Que quen te dou non te dera! Qu’ os fillos dos probes nacen, Nacen para tales penas. Así se expricaba Rosa Nó medio da noite negra, O pe d’ unha negra porta, Toda de lañas cuberta. Mentras tanto murmuxaban Por entr’ á robreda espesa Do río as revoltas agoas E os berridos da tormenta. Tod’ era sombras no ceo, Tod’ era loito na terra, E parece qu’ á _compaña_ Bailab’ antras as arboredas C’ as chuchonas enemigas, E c’ as estricadas meigas. En tanto un choro soave Sentir no espaço se deixa, Tal como gaita tocada Nunh’ alborada serena; Tal como lexana frauta Cand’ ó sol no mar se deita, Cuyo son nos tray ó vento C’ os cheiriños da ribeira. No medio da chouza escura Que triste Rosa contempra, Unha luz branca se mira Com’ aurora que comença. Olido de frescas rosas Os aires da noite incensan, Cal si todas se xuntaran As froles da primadera; Soan cantares extraños, Soan músicas que alegran; Músicas son e cantares Nunca sentidos na terra, Por eso, pasmada Rosa, Pouquiño á pouco s’ achega, E por unha regandixa Postrada no chan axexa. Nunca humanos ollos viron O que veu estonces ela, Que si non morreu estonces Foy porque Dios no quixera: De resplandecente groria Rayos d’ amor se refrexan Do abandonado meniño, Sobr’ á dourada cabeça; E porqu’ esté máis contento, E porque máis s’ entreteña, Cabe ó seus peïños crecen Frescos ramos de azucenas. Xa non dorm’ en probe cuna, Qu’ outro berce lle fixeron C’ as alas os anxeliños E có seu lume as estrellas. Nubes de color de rosa Fanlle branda cabeceira, Sírvelle de cubertura Un rayo de luna cheya, Y á Virxen santa, vestida Con vestido de inocencia, Por que de fame non morra E fartiño s’ adormeça, Dalle maná do seu peito Con qu’ os seus labios refresca. Mentras ó mundo existise, Rosa mirando estibera Con tanta groria encantada, Con tanta dicha suspensa; Mais unha voz lonxe s’ oye Por antr’ os olmos da veiga, Que cantando amorosiña S’ exprica de esta maneira: «Hora, meu meniño, hora, Logo che darey á teta, Hora, meu meniño, hora, Xa non chorarás por ela.» Esto cantaron. En tanto Có á Virxe desapareceran Os anxeliños, deixando En derredor noite espesa. Xa se sinten as pasadas Por xunto da corredeira; Xa saltaron ó portelo, Xa cerraron á cancela... A probe nay corre, corre, Qu’ ó seu filliño ll’ espera; Mais cando chega, dormido O seu filliño contempra. Dill’ estonces, mentras tanto Qu’ en bicalo se recrea: --Miña xoya, miña xoya, Miña prenda, miña prenda, ¿Qué fora de ti, meu santo, Si naiciña non tiberas? ¿Quén, meu fillo, te limpara, Quén á mantença che dera? --O que manten as formigas E os paxariños sustenta.-- Dixo Rosa, y escondeuse Por antr’ á nebrina espesa. XXI _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ I Pasan n’aquesta vida Cousiñas tan extrañas, Tan raros feitos vense Neste mundo de trampa; Tantos milagres vellos Tan novas insinanzas, E tan reboltos allos Con nome d’ensaladas, _Que non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Meniña, ven vestida; Meniña, ven calzada, Que ten roupa de cote, Que ten roupa de garda; Meniña, que ben folga, Meniña, qu’ anda maja, Y é probe, malpocado, Com’ unha triste araña... _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Véxote aló antr’ os millos, Véxote aló nas brañas, Xa no pinar espeso, Xa na beiriña mansa Do río que correndo Vay antr’ as verdes canas, E xuras qu’ estás soya, Que naide t’ acompaña... _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Casada, casadiña, Que gustas ser falada, Que bailas c’ as solteiras Nás festas e ruadas, Que tes ná boca á risa E que c’ os ollos falas, E que á ó falar con eles Parece que che saltan, _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Cando mirar te miro Tan limpa e tan peinada, Loitar c’ os rapaciños Hastra qu’ en ti se fartan, E vas dimpois xurando Qu’ eres muller sin chata, E dís qu’ ás máis non teñen Contigo comparanza, _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ E ti, Rosa, Rosiña, Modesta e recatada, Que falas tan mainiño, Que tan mainiño andas, Qu’ os pes d’ os homes miras Para non verlle á cara, E fás que non entendes Cando d’ amor che falan, _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Vas pó-la mañanciña A misa c’ as beatas Dempois... (por qué, ti ó sabes) De xunta d’ elas largas; E si ná corredoira Xunto da verde parra, Non sey con que xentiña, Páraste ou non te paras, _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ E ti, rapás garrido De tan melosas falas, Tan majo de monteira, Tan rico de polainas, Tan fino de calzado Como de mans fidalgas, Cando me dis que gustas De traballar na braña, _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Ti falarás d’ amores Cousiñas ben faladas; Ti loitarás c’ as nenas Como ningún loitara; Ti beberás do mosto Hasta quedar sin fala; Pero cós teus sudores Mollar á terra ingrata... _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Mais tantas cousas vexo Que me parecen trampa; Tanto sol entre nubes, E tan revoltas auguas Qu’ asemellarse intentan A unha fontiña crara, Que por non perder tempo Donde non quito racha, _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ II Pasan n’ aquesta vida Cousiñas tan extrañas, Tan raros feitos vense Neste mundo de trampa; Tantos milagres vellos, Tan novas insinanzas, E tan rovoltos allos Con nome d’ ensaladas, _Que non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ E qu’ algo deprendera, Triste de min, coidaba; E qu’ á esperencia neta Ninguén m’ iba en puxanza Por ter na frent’ enrugas E ter caniñas brancas, Cando hay hoxe uns mociños Mesmo dende que maman, _Que non che digo nada..._ _¡Pero vaya_! Xa non che val, Farruco, Que vivas en compaña Dos anos pensadores Nin da esperencia calva, Nin qu’ ollo alerta vivas Com’ á cordura manda, Que donde menos penses Tamaña lebre salta. _Que non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Xa sendo noit’ escura Dinche qu’ é noite crara; Xa estand’ ó mar sereno Che din que fay borrasca, E tanto te confunden E tanto te acobardan, Qu’ anque falar quixeras Tal coma Dios che manda, _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Si eres francés, meu vello, Si eres da lonxe Australia, Si aló do sol baixaches Ou das estrelas pálidas, Con seria gravedade Quisáis che preguntaran, E ti pasmado todo, Calado mormuraras: _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Por eso, meu velliño, Si d’ estudiar non tratas A cencia d’ estos tempos, Qu’ é com’ el augua crara, Anque c’ á parromeira Tamén ten comparanza, Que nesto á cencia estriba, Y en ter distintas caras, _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Sin entender un ele Verás que ben s’ amañan Honrados e sin honra, Rameiras e beatas; Verás cómo s’ axuntan, Verás cómo se tratan, Mentras que ti marmuras C’ á lengua d’ unha coarta. _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Verás cor de sireixa Quen foy cor d’ esmeralda, Y aqueles tan azues Que sangre azul manaban, Manar sangre bermella Pó-la moderna usanza, Y esto con tal chistura E con fachenda tanta, _Que non che digo nada..._ _¡Pero vaya_! Verás qué revolturas, Qué ricas contradanzas, Qué gaitas con salterio, Qué pífanos con arpas, Qué dengues encarnados Con mantilliñas brancas, Chapurra que chapurra En confusión tan várea. _Que non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Ti pensarás qu’ aquesto É tod’ unha antroidada, Qu’ aquí un levita sobra Y unha chaqueta falta; Qu’ alí se comen lebres En vez de calabazas, E tocan frautas donde Deben tocar campanas... _Mais non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ Deprende, meu velliño, A cencia ben amada, Que saibamente insina Tan rica misturanza, Si queres ser sabido En cousas tan extrañas, Pois antre tantas nobas As costumiñas rancias... _Non che digo nada..._ _¡Pero vaya!_ XXII _Mais ó que ben quixo un día,_ _Si á querer ten afición,_ _Sempre lle queda unha magoa_ _Dentro do seu coraçón._ I Aló nas tardes serenas, Aló nas tardes caladas, Fanse máis duras as penas Que nas brandas alboradas. — Aló nas tardes sombrisas, Aló nas tardes escuras, Fanse máis cortas as risas, Máis negras as desventuras. — Que non hay sera tranquila Para quen remorsos garda, E máis presto s’ aniquila Canto máis á noite agarda. II Eu ben sei d’ estos secretos Que s’ esconden nas entrañas, Que rebolen sempre inquietos Baixo mil formas extrañas. — Eu ben sei d’ estes tormentos Que cosomen e devoran, Dos que fan xemer os ventos, Dos que morden cando choran. — Y anqu’ hora sorrindo canto, Anqu’ hora canto con brío, Tanto chorey, chorey tanto, Com’ as auguiñas d’ un río. — Tiben en pasados días Fondas penas é pesares, E chorey vagoas tan frías Com’ as auguiñas dos mares. — Tiben tan fondos amores E tan fondas amarguras, Qu’ era fonte de dolores Nacida entre penas duras. III Hora río, hora contento, Vou pó-las eiras cantando, Vendo d’ onda ven ó vento Cando vou levar ó gando. — Hora con grande sosiego Durmo na veira d’ as fontes, Durmo na veira d’ os regos, Durmo na punta d’ os montes. — _Mais ó que ben quixo un día,_ _Si á querer ten afición,_ _Sempre lle queda unha magoa_ _Dentro do seu coraçón._ XXIII Castellana de Castilla Tan bonita e tan fidalga, Mais á quen para ser fera Cá procedensia ll’ abasta. Desíme, miña señora, Xa qu’ os mostrás tan ingrata, Si ó meu rendimento homilde Bascas d’ enoxo vos causan, Pois cand’ onda vos me achego Cuspís con ardentes ansias, Y ese mirar de pombiña Volvés en fosca mirada, Tornando en sombrisa noite O día qu’ en sol se baña. En vano intento, señora, Saber por qué me maltrata Dama d’ un alma tan nobre, Anque soberba por fama, Pois né motivo á despreço Sintirse tan ben amada, Qu’ as mesmas pedras, señora, D’ un bon querer se folgaran. Din que na nobre Castilla Así os gallegos se trata, Mais debe saber Castilla, Que de tan grande s’ alaba, Que sempre á soberbia torpe Foi filla d’ almas bastardas. E sendo vos tan sabida, Nunca de vó-lo pensara, Que de tan alto baixando Vos emporcases na lama. Nin que chamándovos nobre Tanta nobreza enfouçaras Imitand’ os que vaidosos No qu’ está débil s’ ensañan. Pero máis val qu’ enmudeça, Pois tés condición d’ ingrata; Que predicar en deserto Da miña terra né usanza. Si fun curpabr’ en quereros Coma ningún vos amara, Por ser de terra gallega E sérdes vos castellana, En paz, señora, vos deixo C’ á vosa soberba gracia, E voume á Galicia hermosa Dond’ en xuntanza m’ agardan Ó que no tendes, señora, Y ó qu’ en Castilla n’ achara, Campiños de lindas rosas, Fontiñas de frescas auguas, Sombra na veira d’ os ríos, Sol nas alegres montañas, Caras que nacen sorrindo E que sorrindo vos aman, E qu’ inda mesmo morrendo En sonrisiñas se bañan. Alí, señora, contento Cantando ó doçe _ala lala_ Baixo á figueira frondosa En baixo da verde parra, C’ aquelas frescas meniñas Que mel d’ os seus labios manan Cando en falar amoroso _Meigo_ nos din en voz maina. Con tóda-las de Castilla Nobrísimas castellanas Olvidareivos sin pena, Anque sós vos tan fidalga. Que aló saben ser altivas, Pero non saben ser vanas, Y é fácil con doçes tomas Olvidar tomas amargas. Déchesmas vos, mi señora, Con despreço envenenadas, Inda con fero máis fero Que pelica de laranxa; Mais teño por que me pase Aquel sarrapio qu’ escalda, _Teño unha dama nos Portos,_ _Outra no Ribeiro d’ Avia,_ _Si á dos Portos é bonita_ _Á do Ribeiro lle gana._ XXIV Queridiña d’ os meus ollos, Saberás como estou vivo Nesta vila donde adoito Dende que chegín de Xinzo. Saberás com’ á Dios gracias Y ó escapulario bendito Non afogamos no mare Como coidaba Xacinto Qu’ é tan valente, á bofellas, Como’ os alentos d’ un pito. Saberás como dempois Me puñeron moy vestido Con roupa azul e amarela Cal andan tódo-los quintos, E logo todos xuntados, Inda máis de vintecinco, Nos paseamos pó-las calles, Qu’ era mesmo un adimiro De tan majos como ibámos, De tan brancos e tan limpos. ¡Si me viras, queridiña, Cal outras qu’ eu sei me viron! Cad’ ollada me botaban Xa de través, xa de fito... Y eran meniñas graciosas Con moita salsa no pico, Mais ningunha d’ este peito Poido arrincarm’ un sospiro, Qu’ ó teu retrato alí estaba Rabuñando paseniño. Qu’ anque d’ onda ti partín, Prendiña que tanto estimo, Non vin soyo, miña xoya, Que ti viñeche comigo. ¡Si souperas cánto peno, Si souperas cál m’ afrixo Cando m’ acordo nas noites D’ aqueles teus cantariños!... Ora en ti penso disperto, Ora en ti penso durmindo, E sempre en ti estou pensando Coma si foses feitiço. Seique meigallo me deche Na festa do San Martiño, Amasado c’ os teus dedos Nunha bola de pan trigo. Mais nóno sinto por eso, Qu’ anque me deras martirio Por vir de ti, queridiña, Com’ un año recibírao. Nada me distrai, Rosiña, Da pena que por ti sinto; De día como de noite Este meu corazonciño Contigo de cote fala Porqu’ eu falar ben ó sinto; Un falar tan amoroso Que m’ estremeço d’ oílo. ¡Ay!, qu’ extrañeza me causa E soidás e martirio, Pois así cal el che fala Quixera falar contigo Cal outros tempos dichosos D’ os nosos amores finos. Cántas veces nos xuramos Cando lavabas no río Ó pe d’ un alto salgueiro Antre risas e sospiros: «¡Xa nunca máis separarnos, Xa nunca máis desunirnos!» Mais aqueles xuramentos Tal como rosas d’ espiño Lixeiriños s’ espallaron A un sopro d’ os ventos fríos. Ora có mar de por medio ¡Adiós, amantes cariños! Nin ti me ves nin te vexo Aló na beira do río, Naquelas crariñas noites De folga pó-los domingos. As amoriñas maduran Nas silveiras d’ os camiños, Naçen as froriñas brancas Por antr’ as canas do millo. O río pasa-que-pasa, Cantan nas pónlas os xilgaros, Todo está verd’ e frondoso, Todo está fresco e frorido; Sólo nos, Rosa, faltamos Naqueles verdes campiños. Rosiña, dame un consolo Par’ este dolor qu’ eu sinto. ¡Ay, qu’ os recordos me matan! ¡Ay, qu’ acabarán comigo! Di s’ inda me queres moito, Mandamo á decir pretiño; Dime si gárdal’ o pano Que che din por San Benito Qu’ ó merquei na quinta feira Por doce cartos e pico. Dime tamén si deprendes Pó-la cartilla de _Cristus_ Á ler como m’ ofreceches Para ler os meus escritos, Qu’ en sabendo algunhas letras Dempois irás traducindo. Eu xa lle perdín ó medo A escribiduras e libros, Pois fago uns palotes netos De qu’ eu mesmo m’ adimiro, Tan grandes como fungueiros E máis gordos si non minto. Adiós, espresiós che mando Pó-lo burro de Camilo, Que non sei cal che dirá Estas cousas que ll’ exprico; Mais sabe, miña Rosiña, Rosiña de doçe olido, Que si ti xa ler souperas Os palotes qu’ eu escribo, _Escribírache unha carta_ _Nas alas d’ un paxariño._ XXV Á ROBERTO ROBERT REDACTORE DA «DISCUSIÓN», Á QUEN LLE GUSTAN ÓS CONTOS Y Ó GALLEGO I Aló no currunchiño máis hermoso Qu’ á luz do sol na terr’ alomeara, Veiga frorida e prado deleitoso Qu’ á os campiños do Edén s’ acomparara; Aló ond’ ó Sar soberbo e caudaloso Parece que se dorme e que se para (Tan maino corr’ antre á robreda escura), Alí naceu Vidal ó sin ventura.[1] [1] Eu ben sei qu’ en rigor estas octavas non son en maneira algunha á glosa d’ un _cantar_, e que mellor e con máis propiedade podía chamarse _conto_; pero como pó-lo d’ ahora non penso facer en gallego nengún libro de contos póñoo aquí, unha vez que nestes cantares tratei de pintar as costumes d’ os nosos probes aldeáns, e sirven estas octavas prá dar á conocer unha d’ as máis antiguas e máis usadas. Sempre me conmoveu o relato de este conto sencillo, patriarcal, e por eso decidinme á versificalo, contando c’ á benevolencia d’ os lectores. ¡Son tantos os desdichados á quen nas nosas aldeas non se ofrece á _proba do porco_, e que soñan có día en que, como Vidal, poidan decir á os seus avaros veciños: _Adiante c’ ó varal!..._ II ¡Qué reposo! ¡Qué luz!... ¡Qué garruleiro Brando cantar d’ os váreos paxariños Cand’ ó salir do sol pó-lo quinteiro Douraba fontes, lagos e campiños! ¡Qué libre respirar!... ¡Qué placenteiro Ir e vir dos cabirtos xuntadiños! ¡Qué frescas, qué polidas, qué galanas, Iban có gando as feitas aldeanas! III Nunca ó rumor do mundo corrompido, Nunca da louca socied’ as vaidades, Nin brillo d’ os honores fementido Foran trubar tan doçes soledades. Ceo azul, sol d’ amor, campo frorido, Santa paz sin remorso nin saudades, Horas que van mainiñas camiñando, Tal alí tempo e vida iban pasando. IV Como ó ventiño da mañán pirmeiro No seyo d’ as rosiñas se dormía, E cal dempois toliño e rebuldeiro Pó-lo espaço inmensísimo subía, E volvendo á baixar murmuradeiro Por enriba d’ as chouzas rebulía, Nas aliñas levand’ ó fumo leve Qu’ en trubias ondas á subir s’ atreve. V E como ô mediodía, fast’ o río Brisas, aires, pradiños e arborado Pousaban calorosos e sin brío Cal viaxeiro sedento e fatigado; E como da seran ó alento frío De arrulos misteriosos impregnado Con pasiño lixeiro s’ achegaba Y aire, río e floriñas axitaba. VI Pasiño á paso á traballada xente D’ os campos as chousiñas se volvía, Mentras no lar o pote sarpullente C’ as ricas berzas á cachón fervía. As fabas y as balocas xuntamente Có touciño sabroso nel se vía, En compañ’ amigable e farturenta Qu’ alegra, que convida e que sustenta. VII Dempois da frugal cea, ó cariñoso Resplandor do luar claro e soave Iban gozar ô enxido de reposo Có abó, qu’ á longa historia contar sabe. O rosario da Virxe proveitoso Logo rezaban con asento grave, Y alma e corpo tranquilo se dormía Esperando ó folgor do novo día. VIII Tod’ era paz e amor e augua serena, Tod’ era craro azul no firmamento, Nin houbo alí á soberba qu’ envenena, Nin vano goce, nin fatal tormento. Nin louco rebuldar, nin fonda pena, Nin baixo aborrecido pensamento, Vidiña tan risoña atormentaba, Pois doçe e mainamente se folgaba. IX Naide n’ aquel lugar probe se vira Qu’ uns ben y outros non mal foran vivindo, Y un qu’ afroxa de máis y outro qu’ estira Fóranse acomodando e repartindo. Ningún da negra fame á man sentira O seu peito fortísimo oprimindo, No máis que á desdichada criatura Que se chamou Vidal ó sin ventura. X Orfo ende que nacera, á sorte triste Déralle por herencia ó desconsolo, C’ o á negra soledá, qu’ ô probe asiste, Naide na terra se topou tan solo. De canto en polvo terrenal se viste Inda correndo un polo y outro polo, Qu’ era prob’ e dorido antr’ os doridos E afrixido antr’ os tristes afrixidos. XI Tiña por casa un cortelliño escuro, Tiña por leito ó chan humedecido, Por cubirtor á neve e vento duro Qu’ entraba pó-las fendas arresido. Tiña ó sustento escaso e mal seguro Que dan de porta en porta ô qu’ é perdido, Qu’ así lle din con bulra non escasa O que por probe neste mundo pasa. XII En jamás ó infeliz decir poidera «¡Esto que teño é meu!», qu’ á sorte dura N’ inda por conceder lle concedera Un pouco de querer ou de ternura. Nin un pouco d’ amor, que donde houbera Pobreza, e soledad’ e desventura, Groria, dicha e querer correndo pasan Y á entradiña da porta non traspasan. XIII Sempre por dicha prá Vidal había Caldo e máis pan n’ algún lariño alleo, Y á máis á caridá non s’ extendía, Que fora un mal matarlle outro deseo. Que si á cousas mellores s’ afacía Y outro váreo comer y outro recreo, Traballo lle custara á bon seguro Comer dempois berciñas e pan duro. XIV Tal conta á xente corda se botaba Con parsimonia concençuda e grave, E refráns sabios con afán buscaba Dos que din «Nunca dés do que ben sabe.» Y ô compango Vidal nunca probaba Por qu’ era á sobriedá santa e saudabe, Según á xente de poder decía, Anqu’ ela ben folgaba e ben comía. XV Cando d’ os porcos á matanza viña, ¡Qu’ amabre chamuscar nas limpas eiras Ó despertar da fresca mañanciña!... ¡Qu’ alegre fumo antr’ olmos e figueiras, Olendo á cocho pó-los aires viña! ¡Qu’ arremangar d’ as nenas mondongueiras! ¡Qu’ ir e vir dend’ o banco hastr’ a cociña! Y aló no lar, ¡qué fogo!, ¡qué larada! ¡Qué rica e qué ben feita frixolada! XVI Fígado con cebola ben frixida Y unha folliña de laurel cheirosa, Qu’ inda á un morto ben morto dera vida De tan rica, tan tenra e tan sabrosa. Raxo en sorsa c’ un cheiro que convida, Y á sangre d’ as morcillas sustanciosa En fregada caldeira rebotando A que fagan morcillas convidando. XVII Cuadro tan agradabr’ e farturento Por tod’ á vecindá se repetía Con garular, e risa, e gran contento, Que suceso tan grande ó requería. Mais por que lle sirvise de tormento, Sólo na chouza de Vidal n’ había Nin porco, nin mondongo, nin fartura, Qu’ era todo nubrado e desventura. XVIII Nas frías pedras do seu lar sentado Tan váreo movemento contempraba De negra soledade acompañado: Naide â festa do porco ó convidaba. Qu’ era probe Vidal y era olvidado, Y á presença d’ un probe alí estorbaba; Por eso entre suspiros repetía: «¡Ay, quén fora riquiño un soyo día!» XIX Tales eran decote os seus deseos, Mais nunca, ¡triste sorte!, se cumprían; E todos, todos de miseria cheos, Anos tras anos sin cesar corrían. X’ era bello Vidal, y os duros ceos De tan negro sufrir non se doïan, Qu’ inda ó porco Vidal nunca probara Nin naide á tal festiña ó convidara. XX Tal com’ era costume á rica proba Veciños con veciños se trocaban (Ind’ oxe esta costume se renova), Mais á Vidal veciño non chamaban, Que fora indina misturanza boba Ir á dar donde daiba non topaban, E por eso Vidal, probe coitado, Nunca catou morcilla ó desdichado. XXI Mas, ¡ay, pícaro mundo!, ¡mundo aleve! ¿Quén de teus pasos e revoltas fía? ¿Quén afirmar empávedo s’ atreve Que non se pode á noite tornar día? ¿Quén en tempo tan rápido e tan breve Os conocidos de Vidal diría Qu’ aquela triste homilde criatura Iba nadar en ondas de ventura? XXII ¡Y así pasou!... Qu’ aquel que todo mira Aló da inmensa e trasparente esfera, Donde c’ os astros sentellantes xira, Misericordia de Vidal tibera. O torpe olvido dos podentes vira Y á pena de Vidal compadecera, E có seu brazo misterioso e forte Trocou d’ un sopro á temeraria sorte. XXIII Tal pó-las portas de Vidal entrara Como en campo sedento farto río, Aló de Cáis harencia qu’ envidiara O máis encopetado señorío. Ucha d’ ouro ôs seus ollos relumbrara Dándolle desvareo, e risa, e frío, Sendo tamaña á dicha que sentía, Qu’ o coraçón con ela non podía. XXIV Dempois chorou, sorreu, bicou á terra Inda pó lo seu pranto humedecida, E canta dicha á humanidad’ encerra Verteuse do seu peito escandecida. Logo volvendo en sí, casi s’ aterra De ver ventura tan sin par cumprida, E postrado ante Dios fervente ora Y ó seu misterio portentoso adora. XXV Cumprido este deber, Vidal, reposto De sorpresa tan grave e prasenteira, Pónse limpio, amañado e ben composto, Co á graciña de Dios por compañeira. Cal s’ adimira d’ ó mirar tan posto, Cal lle di qu’ é galán por derradeira, Y anque calvo quedou como San Pedro, Dinlle que ten risado pelo negro. XXVI Chámalle aquel «amigo» ¡cousa rara!, Qu’ antes «¡Vidal!» con sorna lle desía, Y outro lle volve pracenteiro á cara Que nantronte ó caris lle retorsía. Tal miniña de velo se trubara, Tal outra xunta dél se revolvía, E seica non faltou quen lle dixera Que feito com’ un santo se volvera. XXVII Qu’ é triste ó rostro da mortal probeza Qu’ entre ximidos e dolores nace, Y hastra á hermosura ven cando riqueza Có seu mirar risoño nos comprace, Presta o diñeiro encanto e gentileza, Y un Dios ó mesmo demo se tornara Si tomando á figura de banqueiro Remexése diñeiro e máis diñeiro. XXVIII Estos misterios son... eu me confundo Y en van’ ôs espricar me propuñera; Pero Vidal, filósofo profundo, Qu’ anque xamáis nos libros deprendera A conta propia deprendeu no mundo, Non de mudansa tal se sorprendera, Qu’ aló no seu caletre â adiviñara Cando en ser rico con afán soñara. XXIX Por eso recibeu con cortesía Recrebos, agasaxo e comprimento, Q’ un tras outro homildoso lle facía, Escoria vil do humano sentimento. Él á baixesa d’ eles comprendía Y anque vano nin torpe pensamento Contra xentiñas tales meditaba, Forte e seria lisión darlles pensaba. XXX Unha mañán á un santo e bon suxeto Un quiño lle mercou, ¡soberbio quiño!, Tan níveo, tan plantado e tan repleto Cal nunca ó vira tal ningún veciño. Era curto de perna, o lombo neto, Do rabo hastra á cabeza redondiño, Y ó coiro tan graxento relusía Que mesmo de manteiga paresía. XXXI --¡Alabado sea Dios!--¡Dios ch’ ó bendiga! --¡San Antonio ch’ ó garde!--así excramaban Mentras qu’ ó cocho á paso de formiga Y ó seu dono Vidal serios pasaban. A falarlle á Vidal cada un s’ obriga Qu’ ó porco xa mortiño contempraban E n’ era de perder tan bon bocado Pó-las mans de Vidal morto e salgado. XXXII Log’ ó berrido do infeliz pasente Que sofre có coitelo morte dura Fender ós aires no lugar se sente, Pouco á pouco á gorxiña queda muda. O suspiro postrer soa estredente, A sangre corre, ó matachín xa suda, E n’ aquel grave e quírtico momento É o porco vida e mundo e pensamento. XXXIII O difunto alí está repantrigado, C’ unha cebola n’ antraberta boca (Qu’ inda parés qu’ á come ó desdichado), Pero no-no chorés qu’ á él solo toca Dormir sono tan triste descuidado, Pois as iras d’ inferno non provoca Nin groria ten nin porgatorio ardente, Él dormirá insensible eternamente. XXXIV Non cab’ en sí Vidal de tan contento, O cheiriño do porco ll’ enlouquece, Qu’ entr’ os porcos nacidos é un portento Aquel qu’ ante seus ollos aparece. Certa satisfación, certo contento No rostro d’ os presentes resplandece, Que mesmo quer decir en lenguax mudo: «¡Este sí que ch’ é un porco repoludo!» XXXV Mais c’ ó cocho Vidal soyo se encerra, Mentras qu’ á xente aturrullada mira... Cál se pasma, cál bufa, cál s’ aterra, Que nunca tal n’ aquel lugar se vira, Cal outro lle xurando eterna guerra, Das voltas que dá ó mundo s’ adimira, Pois que nunca en xamáis nengún veciño Lle batera c’ á porta no fociño. XXXVI Era aquel un rifar desesperado, Pero Vidal ó xordo se facía; A noit’ enteira se pasou cerrado, Y ô arbor primeiro do siguiente día, C’ un varal de morcillas ben cargado Que á pouco de cargado se rompía, Apareceu lavado e reverendo A todos c’ ó seu porte sorprendendo. XXXVII Él direitiño ô seu facer marchaba Con paso despacioso camiñando, E un sorrir nos seus labios s’ atopaba Qu’ antroido iba dicindo ou contrabando. Dempois con voz qu’ as xentes atroaba, Foise de porta en porta perguntando: --¿Déronlle aquí morcillas á Vidal? --¡¡¡Aquí non!!!--_¡Pois adiante c’ ó varal!_ XXXVIII Así as chousas correu unha por unha Y ó varal inteiriño inda se vía; Con triste _sí_ non respondeu ningunha De cantas en redondo requería. Rindos’ en tanto á falsa de fertunha Con sonsa voz de bulra repetía: --¿Déronlle aquí morcillas á Vidal? --¡¡¡Aquí non!!!--_¡Pois adiante c’ ó varal!_ XXXIX Vidal morreu, y ó tempo foi pasando, Braso qu’ os duros mármores arrasa Antre helados escombros enterrando De bon Vidal á solitaria casa; Mais sempre esta historiña foy quedando, Ind’ oxe mesmo por proverbio pasa, E cand’ ó nome de Vidal s’ invoca, Muda sole quedar máis d’ unha boca. XXVI --Meniña, ti á máis hermosa Qu’ á luz do sol alumbrara; Ti á estrela da mañanciña Qu’ en puras tintas se baña; Ti á frol d’ as froridas cumbres, Ti á ninfa d’ as frescas auguas, Ti como folla do lirio Branca, pura e contristada. ¿Quén eres, fada sin nome, De tan dormentes miradas, De tan dorida sorrisa, De feituriña tan cándida? ¿Quisáis de muller naceches Sendo tan limpa e tan casta? ¿Quisáis d’ as brisas da tarde, Quisáis d’ as brétemas vagas... D’ as burbulliñas d’ un río, Quisáis d’ unha nube branca? ¿Ou as espumas do mare A un rayo de sol xuntadas Pousáronte ô ser d’ aurora Nunha cunchiña de nacra? Mais d’ onde queira que seas, Tristísima pasionaria, Por ti sinto un amor puro Que pouco á pouco me mata; Por ti de noite e de día Cal vaga sombra encantada, Preto do teu vivir ximo, Ximo c’ os ventos que pasan Facendo vibrar sonoras Sentidas cordas d’ un arpa, Que con ecos tembradores D’ os meus amores che falan. Mais dime: ¿por qu’ estás muda? Di por qu’ estás solitaria, Di por qué vives nos montes C’ os paxariños que cantan, Mentras ti choras e choras O pe d’ un olmo sentada, Toda de loito cuberta, Toda cuberta de lágrimas. --Déixame vivir nos montes, Déixam’ estar solitaria, Déixame c’ os paxariños Qu’ en derredor de min cantan. Déixame vestir de loito, Cuberta por tristes vágoas, Y eco de homes non escoite Nin son d’ armoniosas arpas, Qu’ eses sons d’ amor á vida Rompen as miñas entrañas, Si d’ eles, galán, por sorte Doçe consolo arrancaras Para un dor que non ten cura, Para un mal que non s’ acaba. ¡Si ô seu vibrar sonoroso As tombas se levantaran Y ó polvo que nelas mora Volto á vivir s’ axitara!... Mais cala, galán...; non toques As soaves cordas d’ un arpa, Que nin dá vida ôs que morren Ni as tristes tombas levanta. Cala, galán, c’ os cantares Que con pasión d’ amor cantas, Qu’ os meus amores morreron Y aló antre tombas m’ agardan. Para min morreu á dicha, Morreu tamén á esperanza, Cubreuse ó seu de tristura Y á terra d’ ásperas prantas. Déixame vivir nos montes, Déixam’ estar solitaria, Déixame vestir de loito, Cuberta d’ amargas lágrimas. _Qu’ á rula que viudou_ _Xurou de non ser casada,_ _Nin pousar en ramo verde_ _Nin beber d’ augua crara._ XXVII I ¿Qué ten ó mozo? ¡Ay!, ¿qué terá? Ponm’ agora unha cara d’ inverno, Despois na fiada ¡sorrisas de tal!... Quer que baile con él n’ o muhiño, Y aló pó-la vila, nin fala quixáis... ¿Qué ten ó mozo? Pois... ¿qué terá? Unhas veces, canciño de cego, Por’ ond’ eu andare seguíndome vay; Non hay sitio dond’ eu non atope Un Bras con cirolas y os zocos na man. ¡Ay, qué mociño!... ¡Ay, qué rapaz! N’ outro instante, ¡mirá qué fachenda!... Atruxos qu’ asombran ó mesmo lugar. ¡¡¡Brrr!!!, parece que pasa soberbo, Mandando nos homes su real maxestá. Mociño, ¿és tolo? ¡Ay!, ¿s’ ó serás? Eu non podo entender meu amore, Qu’ airiños te levan, qu’ airiños te trân, Nin tampouco cal xeito te cadra, Tratándose, mozo, d’ ó teu namorar. ¡Ay! ¡Dios me libre, De ti, bon Bras! Que no meu entender t’ acomparo, O mesiño de marzo marzal: _Pó-la mañán, cariña de rosas;_ _Pó-la tarde, cara de can._ ¡Mala xuntanza Facemos! ¡¡Ay!! II ¿Qué di á meiguiña, Qué di á traidora? Coraçón qu’ enloitado te crubes, C’ os negros desprezos qu’ á falsa che dona, ¿Por qué vives sofrindo por ela? ¿Por qué, namorado, de pena saloucas? S’ ela é bonita, Ela é traidora. Di con mengua de min que non sabe, Qu’ airiños me viran veleta mal posta... Que ch’ ó digan, rapaza, os teus ollos, Qu’ agora me chaman, dempois me desbotan. Qu’ anqu’ és bonita, Eres traidora. S’ unhas veces amante che falo, E s’ outras renego de ti..., ¡pecadora! ¿Cáles auguas repousan serenas, S’ ó vento qu’ as manda rebole antr’ as ondas? E ti ben sabes Qu’ és revoltosa. Son canciño de cego en quererte... Tal bulra merece quen ama sin conta, Pois c’ os zocos na man ou sin eles As portas d’ ó inferno seguíndote fora. Tal estou tolo, Tal és graçiosa. ¡Que de marzo marzal teño á cara!... Quixáis qu’ así sea, mais ti, miña xoya, Tamén és cal rayola de marzo, Qu’ agora descrube, qu’ agora s’ entolda. Iguales semos, Nena fermosa. XXVIII _Castellanos de Castilla,_ _Tratade ben ôs gallegos:_ _Cando van, van como rosas,_ _Cando vén, vén como negros._ --Cando foi iba sorrindo, Cando veu, viña morrendo A luciña d’os meus ollos, O amantiño do meu peito. — Aquel, máis que neve branco, Aquel de doçuras cheyo, Aquel por quen eu vivía E sin quen vivir non quero. — Foi á Castilla por pan, E saramagos lle deron; Déronlle fel por bebida, Peniñas por alimento. — Déronlle, en fin, canto amargo Tén â vida no seu seo... ¡Castellanos, castellanos! Tendes coraçón de ferro. — ¡Ay!, no meu coraçonciño Xa non pode haber contento, Qu’ está de dolor ferido, Qu’ está de loito cuberto. — Morreu aquel qu’ eu quería, E para min n’ hay consuelo: Sólo hay para min, Castilla, A mala ley que che teño. — Premita Dios, castellanos, Castellanos que aborreço, Qu’ antes os gallegos morran Qu’ ir á pedirvos sustento. — Pois tan mal coraçón tendes, Secos fillos do deserto, Que si amargo pan vos ganan, Dádesllo envolto en veneno. — Aló van, mal pocadiños, Todos d’ esperanzas cheyos, E volven, ¡ay!, sin ventura, Con un caudal de despreços. — Van probes e tornan probes, Van sans e tornan enfermos, Qu’ anqu’ eles son como rosas, Tratádelos como negros. — ¡Castellanos de Castilla, Tendes coraçón d’ aceiro, Alma como as penas dura, E sin entrañas o peito! — En trós de palla sentados, Sin fundamentos, soberbos, Pensás qu’ os nosos filliños Para servirvos naceron. — E nunca tan torpe idea, Tan criminal pensamento Coupo en máis fatuas cabezas Ni en máis fatuos sentimentos. — Que Castilla e castellanos, Todos nun montón a eito, Non valen o que unha herbiña D’ estes nosos campos frescos. — Sólo peçoñosas charcas Detidas no ardente suelo Tés Castilla, que humedezan Esos teos labios sedentos. — Que o mar deixoute olvidada E lonxe de ti correron As brandas auguas que traen De prantas cen semilleiros. — Nin arbres que che den sombra, Nin sombra que preste alento... Llanura e sempre llanura, Deserto e sempre deserto... — Esto che tocou, coitada, Por herencia no universo, ¡Miserable fanfarrona!... Triste herencia foi por certo. — En verdad non hay, Castilla, Nada como ti tan feyo, Qu’ ainda mellor que Castilla Valera decir inferno. — ¿Por qué aló foches, meu ben? ¡Nunca tal houberas feito! ¡Trocar campiños frolidos Por tristes campos sin rego! — Trocar tan caras fontiñas, Ríos tan murmuradeiros Por seco polvo, que nunca Mollan as bágoas do ceo. — Mas ¡ay!, d’ onde a min te foches Sin dor do meu sentimento, Y aló á vida che quitaron, Aló a mortiña che deron. — Morreches, meu quiridiño, E para min n’ hay consuelo, Que ond’ antes te vía, agora Xa sólo unha tomba vexo. — Triste com’ á mesma noite, Farto de dolor o peito, Pídolle á Dios que me mate, Porque xa vivir non quero. — Mais en tanto no me mata, Castellanos qu’ aborreço, Hei, para vergonza vosa, Héivos de cantar xemendo: _¡Castellanos de Castilla,_ _Tratade ben ôs gallegos:_ _Cando van, van como rosas,_ _Cando vén, vén como negros!_ LA GAITA GALLEGA — ECO NACIONAL _Á mi querido amigo D. Manuel Murguía._ I Cuando la gaita gallega El pobre gaitero toca, No sé lo que me sucede Que el llanto á mis ojos brota. Ver me figuro á Galicia Bella, pensativa y sola, Como amada sin su amado, Como reina sin corona. Y aunque alegre danza entone Y dance la turba loca, La voz del grave instrumento Suéname tan melancólica, Á mi alma revela tantas Desdichas, penas tan hondas, _Que no sé deciros_ _Si canta ó si llora_. II Recuérdame aquellos cielos, Y aquellas dulces auroras, Y aquellas verdes campiñas, Y el arrullo de sus tórtolas; Y aquellos lagos, y aquellas Montañas que al cielo tocan, Todas llenas de perfumes, Vestidas de flores todas, Donde Dios abre su mano Y sus tesoros agota; Mas ¡ay!, como me recuerda También que hay allí quien dobla, En medio de la abundancia, Al hambre la frente torva, _No acierto á deciros_ _Si canta ó si llora_. III Suenan, y cruzan por mi espíritu Puras, risueñas y hermosas Las sombras de los cien puertos De que Galicia es señora. Y lentamente pasando, Como ciudades que flotan, Van sus cien naves soberbias Al ronco son de las olas; Mas ¡ay!, como en ellas veo, Con el oro de sus costas, Sus tiernos hijos desnudos Que miran tristes á Europa, Pidiendo su pan amargo Á la América remota, _No acierto á deciros_ _Si canta ó si llora_. IV ¡Pobre Galicia!... Tus hijos Huyen de ti ó te los roban, Llenando de íntima pena Tus entrañas amorosas. Y como á parias malditos, Y como á tribus de ilotas Que llevasen en el rostro Sello de infamia ó deshonra, ¡Ay!, la patria los olvida, La patria los abandona, Y la miseria y la muerte En su hogar desierto moran. Por eso aunque en son de fiesta La gaita gallega se oiga, _No acierto á deciros_ _Si canta ó si llora_. V ¡Espera, Galicia, espera! Lleva la cruz que te agobia, Regando con sangre y lágrimas Esa vía dolorosa. ¡Tendrás sed!... Hiel y vinagre Te darán con mano pródiga, Y con corona de espinas, Cetro de caña por mofa; Pero los tiempos se acercan, Y cuando suene tu hora, Feliz subirás y grande Á la cumbre de la gloria. Hoy si la gaita gallega El pobre gaitero toca, _No acierto á deciros_ _Si canta ó si llora_. VENTURA RUIZ AGUILERA. 1860. Á GAITA GALLEGA — RESPOSTA _Á ó eminente poeta D. Ventura Ruiz de Aguilera._ I Cand’ este cantar, poeta, Na lira xemendo entonas, Non sei ó que por min pasa Qu’ as lagrimiñas m’ afogan, Qu’ ante de min cruzar vexo Á virxen-mártir qu’ invocas, C’ ôs pes cravados d’ espiñas C’ âs mans cubertas de rosas. En vano á gaita tocando Unh’ alborada de groria Sóns pó-los aires espalla Que cân nas tembrantes ondas; En vano baila contenta Nas eiras á turba louca, Qu’ aqueles sóns, tal m’ afrixen, Cousas tan tristes me contan, _Qu’ eu podo decirche_ _Non canta, que chora_. II Vexo contigo estos ceos, Vexo estas brancas auroras, Vexo estes campos froridos Donde s’ arrullan as pombas, Y estas montañas xigantes Qu’ aló c’ âs nubes se tocan Cubertas de verdes pinos E de froliñas cheirosas; Vexo esta terra bendita Dond’ ó ben de Dios rebota E dond’ anxiños hermosos Tecen brillantes coroas; Mas ¡ay!, como tamén vexo Pasar macilentas sombras Grilos de ferro arrastrando Antre sorrisas de mofa, Anque mimosa gaitiña Toqu’ alborada de groria, _Eu podo decirche_ _Non canta, que chora_. III Falas, y ó meu pensamento Mira pasar temerosas As sombras d’ eses cen portos Qu’ ô pe d’ as ondiñas moran. E pouco á pouco marchando Fráxiles, tristes e soyas, Vagar as naves soberbas Aló nunha mar traidora. Y ¡ay!, como nélas navegan Os fillos d’ as nosas costas Con rumbo á América infanda Qu’ á morte c’ o pan lles dona, Desnudos pedindo en vano Á patria misericordia, Anque contenta á gaitiña O probe gaitero toca, _Eu podo decirche_ _Non canta, que chora_. IV Probe Galicia, non debes Chamarte nunca española, Qu’ España de ti s’ olvida Cando eres, ¡ay!, tan hermosa. Cal si na infamia naceras, Torpe, de ti s’ avergonza, Y á nay qu’ un fillo despreça Nay sin coraçón se noma. Naide por que te levantes Ch’ alarga á man bondadosa; Naide os teus prantos enxuga, Y homilde choras e choras. Galicia, ti non tés patria, Ti vives no mundo soya, Y á prole fecunda tua S’ espalla en errantes hordas, Mentras trist’ e solitaria Tendida na verde alfombra O mar esperanzas pides, De Dios á esperanza imploras. Por eso anqu’ en son de festa Alegre á gaitiña s’ oya, _Eu podo decirche_ _Non canta, que chora_. V «Espera, Galicia, espera» ¡Cánto este grito consola! Páguecho Dios, bon poeta, Mais é unha esperanza louca; Qu’ antes de qu’ os tempos cheguen De dicha tan venturosa, Antes que Galicia suba C’ á cruz qu’ ó seu lombo agobia Aquel difícil camiño Qu’ ô pé d’ os abismos toca, Quisáis cansada e sedenta, Quisáis que d’ angustias morra. Págueche Dios, bon poeta, Esa esperanza de groria, Que de teu peito surxindo, Á virxen-mártir coroa, Y esta á recompensa sea D’ amargas penas tan fondas. Páguech’ este cantar triste Qu’ as nosas tristezas conta, Que soyo ti..., ¡ti entre tantos!, D’ as nosas magoas s’ acorda. ¡Dina voluntad d’ un xenio, Alma pura e xenerosa! E cando á gaita gallega Aló nas Castillas oyas, O teu coraçón pergunta, Verás que che di en reposta _Qu’ a gaita gallega_ _Non canta, que chora_. XXIX I --Vente, rapasa, Vente, meniña, Vent’ á lavar No pilón d’ á fontiña. — Vente, Minguiño, Minguiño, vente, Dóuche sinon Pó-lo demo do dente. — ¡Qu’ augua tan limpa! ¡Qué rica frescura! Vent’ á lavar Qu’ é un primor, criatura. — Válgame Dios, Que si auguiña n’ houbera, Lama este corpo Mortal se volvera. — Vinde á lavarvos, Andá lixeiriños, A cara pirmeiro, Dimpois os peïños. — ¡Ay!, ¡qué meniña! ¡Qué nena preciosa! Dempois de lavada Parec’ unha rosa. — Y este meniño Que teño no colo, Dempois de lavado Parec’ un repolo. — ¡Ay!, ¡qué tan cuco! ¡Ay!, ¡qué santiño! Ven ôs meus brazos Dareich’ un biquiño. — ¡Olliños de groria! ¡Cariña de meiga! ¡Apértame ben, Coraçón de manteiga! — Corre, corre A qu’ Antona te peite, Corre, daráche Unha cunca de leite. — Corre, corre A teu pay, Mariquiña, Que come cebola Con pan e sardiña. II --¡Válgate Dios, Qu’ inda os figos son duros! ¡Mais qué fartiña En estando maduros! — Él e máis eu Y á comadre d’ abaixo, Hemos de ter Qu’ alargar ó refaixo. — Rica figueira, Que Dios te bendiga, Qu’ ásme, abofé, De fartar á barriga. — --¡Jey!, ó d’ os ovos Que vás de camiño, ¿Cántas duciñas Topache no niño? — --¡Unha no máis! --¡No me teño c’ á risa! Es’ ech’ un conto Que vay par’ á misa. — Dam’ acá seis, Qu’ un fricol che faría, Qu’ ô mesmo rey Qu’ envidiar lle daría. — Xa que non qués No camiño che colla Vento de vira, C’ un saco de molla. III --Turra, turra, ¡Xan pó-la burra! Mira que Pedro A cadela ch’ apurra. — ¡Ay!, desdichada De min que á vexo, Fincarch’ ó colmillo No triste pelexo. — ¡Diancre de Xan, Que non corre nin tóa! Ben haya, amén, Quen os osos che roa. — ¡Chúrras!, ¡chúrras! ¡Churriñas, chúrras! Cas-qui-tó, Qu’ escorrenta-las burras. — Pica, pica Suriña, pica, Léballe un gran O teu fillo na bica. — Marcha can A ladrar ô palleiro, ¡Seique ch’ agrada O demoro do cheiro! — ¡Baiche c’ o can, Qu’ ó peixiño lle gusta! Mais â teu dono O diñeiro lle custa. — ¡Gachi, gachi, Que dencho de gato! ¡Cómo se farta No prebe do prato! — ¡Inda reventes, Larpeiro rabudo! ¡Qu’ inda na gorxa Ch’ aperten un nudo! — Truca, perico, No gato rabelo Hasta deixalo Quedar sin un pelo — Qu’ eu, s’ outra vez O camiño m’ atranca, Ei de rompelle No lombo unha tranca. — ¡Malo d’ aquel Que non sabe de misa, Nin entra na igrexa Nin gasta camisa!... — ¡Ay!, ¡qué galiña Saltou no valado; Sey que quer vir A comer de prestado! — _Isca d’ ahí,_ _Galiña maldita,_ _Isca d’ ahí_ _Nô me mate-la pita._ — _Isca d’ ahí,_ _Galiña ladrona,_ _Isca d’ ahí_ _Pra câs tua dona._ XXX Cando á luniña aparece Y ó sol nos mares s’ esconde, Todo é silencio nos campos, Todo na ribeira dorme. Quedan as veigas sin xente, Sin ovelliñas os montes, A fonte sin rosas vivas, Os árbores sin cantores. Medroso ó vento que pasa Os pinos xigantes move, Y a voz que levanta triste, Outra máis triste responde. Son as campanas que tocan, Que tocan en sóns de morte, Y ô coraçón din n’ olvides Ós que para sempre dormen. ¡Qué triste! ¡Qué hora tan triste Aquela en qu’ ó sol s’ esconde, En qu’ as estrelliñas pálidas Tímidamente relosen! Aló as montañas confusas D’ espesas niebras se croben, Y á casa branca en qu’ él vive En sombra espesa s’ envolve. En vano miro e máis miro, Qu’ os velos da negra noite Entr’ ela y os meus olliños Traidoramente se poñen. --¿Qué fas ti mentras, meu ben? Dime dónd’ estás, en dónde, Que t’ aspero e nunca chegas, Que te chamo e non respondes. ¿Morreches, meu queridiño? ¿O mar sin fondo tragoute? ¿Leváront’ as ondas feras Ou perdécheste nos montes? Vou perguntand’ ôs airiños, Vou perguntand’ ôs pastores, Ás verdes ondas pergunto E ninguén, ¡ay!, me responde. Os aires mudiños pasan, Os pastoriños no m’ oyen, Y as xordas ondas fervendo Contr’ os penedos se rompen. Mais ti non morreche, ingrato, Nin te perdeches nos montes; Ti, quisáis, mentras qu’ eu peno, D’ os meus pesares te goces. ¡Coitada de min, coitada! Qu’ este meu peitiño nobre Foi para ti deble xunco Qu’ ô menor vento se torce. ¡Y en recompensa ti olvidásme! Dasme fel e dasme á morte... ¡Qu’ est’ é ó pago, desdichada, Qu’ â que ben quer dan os homes! Mais ¡qu’ importa!, ben te quixen... Querreite sempre... Así compre A quen con grande firmesa Vidiña y alma entregouche. _Ahí tés ó meu coraçón,_ _Si ó queres matar ben podes;_ _Pero como estás ti dentro,_ _Tamén si ti ó matas, morres._ XXXI I Si á vernos, Marica, nantronte viñeras A festa d’ o Seixo n’ a beira d’ o mar, Ti riras, Marica, cal nunca te riches Debaixo d’ os pinos d’ o verde pinar. — A sombra d’ os pinos, Marica, ¡qué cousas Chistosas pasaron!, ¡qué rir toleirón! Relouca d’ arriba, relouca d’ abaixo, Iñamos, viñamos y ó bombo... ¡pon!..., ¡pon! — As cóchegas brandas, as loitas alegres, Os berros, os brincos, os contos sin fel, Todiños peneques, alegres todiños... _Y á Nosa Señora detrás d’ o tonel._ II ¡Coitada!, ¡qué festa brandida perdeche!... Cantaras, beberas, dormiras, y así N’ un feixe miraras rolar xuntamente Mociños e vellos d’ aquí par’ alí. — Có á vista trubada, c’ os ollos dormentes Sorrindo, comendo, pifando e ainda máis, ¡Qu’ apertos, qu’ olladas tan chuscas trocaban As nenas de xenio c’ os mozos de Cáis! — Debaixo d’ os ricos pareauguas de seda Qu’ abertos formaban tamaño rodel, Todiños chispados, ¡qué cosas decían! _Y á Nosa Señora detrás d’ o tonel._ III Mais ela de cote tan grav’ e soberba, Tan fina d’ oído, tan curta de mans, Xordiña quedara, falando por sete, Con probes e ricos, con porcos e cans. — Meu amo folgando de tanta largueza, Que n’ era costume na dona tal ver, Tamén, ¡miña xoya!, saltando da burra, ¡Pin!, ¡pan!, río arriba botouse á correr. — Y á dona sorría con ollo entraberto, Comendo castañas e viño con mel... ¡Qué festa, Marica!... Todiños peneques... _Y á Nosa Señora detrás d’ o tonel._ XXXII _Cómo chove mihudiño,_ _Cómo mihudiño chove;_ _Cómo chove mihudiño,_ _Pó-la banda de Laiño,_ _Pó-la banda de Lestrobe._ — Com’ a triste branca nube Truba ó sol qu’ inquieto aluma, Cal ó crube y ó descrube, Pasa, torna, volve e sube, Enrisada branca pruma. — Xa dempois lonx’ espallada Pó-los aires fuxitivos Desteñida, sombrisada, Nos espaços desatada Cae brillando en rayos vivos. — Misteriosa regadeira Fin’ orballo no chan pousa Con feitiña curbadeira, Remollando na ribeira Frol por frol, chousa por chousa. — Semellando leve gasa Que sotil ó vento move, En frotantes ondas pasa Refrescando canto abrasa O qu’ ó sol ardente crobe. — ¡Cómo chove mihudiño Pó-las veigas de Campaña! ¡Cál s’ enxugan de camiño Os herbales de Laiño! ¡Cóm’ á Ponte en sol se baña! — Para Caldas tod’ é escuro, Ceo azul lose n’ Adina, Trasparente, limpo e puro, D’ Arretén no monte duro Nube corre pelegrina. — Triste vay, qu’ á terra toca Xa c’ os pes de branca neve, Xa c’ á fina fresca boca; Triste vay, qu’ os ceos invoca Y á bicar ó chan s’ atreve. — Triste vay cando s’ abate Vaporosa soya e muda, Cando main’ as alas bate Com’ un coraçón que late Ferido por pena ruda. — Tal maxino á sombra triste De mi máa, soya vagando Nas esferas onde existe; Qu’ ir á groria se resiste Pó-los que quixo agardando. — Vexo ó souto en parda sombra Revolvendo ó seu ramaxe, Que por bon, do rey se nombra, Donde fero ó vento asombra, Roxe e estala de coraxe. — Y ó Palacio, serio e grave ¡Cánto en pura luz se baña! Tal parés pesada nave Que volver ô mar non sabe S’ encallou na fresca braña. — Vexo Valga á beira hermosa D’ un camiño todo prata, Casta virxe candorosa, Sentadiña en chan de rosa, Vestidiña d’ escalrata. — A San Loys vexo brillando Bañado por tintas puras, Sol e sombras amostrando, En reposo contemprando Montes, auguas e verduras. — Y á Padrón ponliña verde, Fada branca ô pé d’ un río, Froita en frol d’ á qu’ eu quixerde, Lonxe miro que se perde Baix’ un manto de resío. — ¡Qu’ hinchadiña branca vela Antr’ os millos corre soa Misteriosa pura estrela! Dille ô vento en torno d’ ela: «Palomiña, ¡voa!, ¡voa!» — Faille arrolo á branda ría C’ un remanso mormuxante, Que nâs d’ arboled’ umbría Vaixo un toldo d’ alegría, Ó calor d’ un sol amante. — ¡Sol d’ Italia, sol d’ amore!... ¿Ti païsáx mellor alumas, Ti máis rosas, máis verdore, Mellor ceu, máis soave core Ves d’ o golfo antr’ as espumas? — ¡Sol d’ Italia, eu non sospiro Por sentirte ardente rayo! Qu’ outro sol temprado miro, Doçemente aquí respiro Nun perene, eterno mayo. — Nesta terra tal encanto Se respira... Triste ou probe, Rico ou farto de querbanto ¡S’ encariña nela tanto Quen baix’ ó seu ceu se crobe!... — Os que son nela nacidos, Os que son d’ ela mimados, Lonxe d’ ela están doridos Porque van d’ amor feridos Por quen fóno amamantados. — Pó-los fillos á nay tira, Xorda, triste, plañideira, Xeme, chora e máis sospira, E non para hastra qu’ os mira Ben chegar por derradeira. — ¡Probe nay, cánto te quero! ¡Nay tamén, ¡ay!, da nay miña! O teu chan d’ amor prefiero, A cant’ hay grande ou severo En tod’ á terra xuntiña. — ¿Cómo non, si hora estou vendo Nun paisáx de prata e rosas, Canto á vida foi querendo, C’ os meus ollos remexendo Memoriñas cariñosas? — ¡Bosques, casa, sepulturas, Campanarios e campanas Con sóns vagos de doçuras, Que despertan ¡ay! ternuras Qu’ en jamáis podrán ser vanas! — Elas fóno as que tocaron Cand’ os meus alí naceron; Elas fóno as que choraron, Elas fóno as que dobraron Cand’ os meus avós morreron. — Elas fóno as qu’ alegriñas Me chamaban mainamente Nas douradas mañanciñas, De mi máa c’ as cantiguiñas Y os biquiños xuntamente. — Inda vex’ onde xogaba C’ as meniñas que eu quería, O enxidiño onde folgaba, Os rosales que coidaba Y á fontiña onde bebía. — Vexo á rúa solitaria Qu’ en paz baña un sol sereno, Sin que á trube man contraria, Igual sempre, nunca varia, Veiga llana en campo ameno. — E tamén vexo enloitada D’ Arretén á casa nobre, Dond’ á miña nay foi nada, Cal viudiña abandonada Que cay triste ô pe d’ un robre. — Alí esta sombra perdida Vos sin son, corpo sin alma, Amazona mal ferida Qu’ ô sentir que perd’ á vida Se adormece en xorda calma. — _Casa grande_ lle chamaban Noutro tempo venturoso, Cand’ os probes á improraban E fartiños se quentaban Ó seu lume cariñoso. — _Casa grande_, cando un santo Venerable cabaleiro[2] Con tranquilo, nobre encanto, Vaixo os priegues d’ o seu manto Cobexada ó perdioseiro. [2] As virtudes verdadeiramente evanxélicas d’ este cabaleiro, tan amado d’ os que ó conoceron, inspiráronme un libro, que non tarderey en publicalo con ó titulo de _Historia de mi abuelo_. Nel rindo un tributo d’ adimiración e amor á aquel cuya mayor sabiduría consisteu sempre en facer ó ben á ollos cerrados e con man cariñosa. — Cand’ os cantos ná capilla _Da gran casa_ resoaban Con fervor e fe sensilla, Rico fruto d’ á semilla Qu’ os baróns santos sembraban. — Hora todo silensioso Caus’ alí medo e pavura, Mora esprito temeroso Nos salóns ond’ ó reposo Fix’ un niño c’ a tristura. — Risas, cantos, armonía, Brandas músicas, contento, Festas, dansas, alegría, Se trocou na triste e fría Xorda vós do forte vento. — No gran patio as herbas crecen Vigorosas sin coidado, Y as silveiras que frorecen No seu tempo fruto ofrecen Os meniños sazonado. — Y antr’ aquel silencio mudo Qu’ a trubar naide alí chega, Antre aquel _¡xa fùn!_ tan rudo Vése inteiro un nobre escudo Qu’ á desir _non son_ se nega. — Craros timbres mostra ufano C’ un soberbo casco airoso... Mais detrás d’ un _son_ tan vano Vése ó probe orgullo humano Homillado e polvoroso. — Tras da calada visera Qu’ hay uns ollos feridores Que nos miran, se dixera, Que nos din tod’ é quimera Neste mundo de dolores. — ¡_Casa grande_, triste casa! Que d’ aquí tan soya miro Parda, escura, triste masa, ¡_Casa grande_, pasa, pasa... Ti xa n’ és más qu’ un sospiro! — Meus avós, ¡ay!, xa morreron, Os demáis t’ abandonaron, Os teus lustros pereceron Y os que millor te quixeron Tamén de ti s’ apartaron. — Mes tras mes, pedra tras pedra, Ti te irás desmoronando, Ceñida por sintas d’ edra, Mentras qu’ outra forte medra, Qu’ así o mundo vay rolando. — — ¡Mais qué lus, qué colorido, Nos espaços se dilata! Luce ó sol descolorido Y arco d’ iris xa nacido Longa sinta se desata. — _Cómo chove mihudiño,_ _Cómo mihudiño chove;_ _Cómo chove mihudiño,_ _Pó-la banda de Laiño,_ _Pó-la banda de Lestrobe._ XXXIII Miña Santa Margarida, ¿Con quén t’ ei de comparare? Coma ti non vin ningunha Nin na terra nin no mare. — Coma ti, Santa bendita, Tan garrida e tan preciosa, Nin brilou ningunha estrela, Nin s’ abreu ningunha rosa. — Nin luceiro nin diamante, Nin luniña trasparente, Luz verteu máis cariñosa Qu’ ó teu rostro relucente. — Nin as froles do xilmendro, Nin á rosa purpurina, Nin as neves da montaña, Nin fulgor da mañanciña. — Nin alegre sol dourado, Nin corrente d’ augua pura, Miña Santa Margarida, Ch’ asemella en hermosura. — ¿Con quén t’ ei comparare, Miña santa Margarida, Si ti foche ánxel d’ amore Pó-los ánxes escollida? — Sólo á Virxe é máis hermosa Qu’ eres ti, bendita Santa, Y ó teu rostro pelegrino, O temido demo espanta. — De ti vivo namorada, En ti penso con fervore, Qu’ eu ben sei que che contenta Este puro e santo amore. — ¡Quén poidera!... ¡Quén poidera Xunta ti vivir segura, Manantial que mel derrama, Pura fonte de ternura! — Onda ti, lonxe do mundo, Tan feliz m’ acobexara, Qu’ en jamáis ô pracer vano Este meu mirar tornara. — Que no monte onda ti moras Tan bon aire se respira, Que ó que máis do mundo foxe, Sólo alí por Dios suspira. — _Miña Santa Margarida,_ _Miña Margarida santa,_ _Tendes á casa no monte,_ _Donde ó paxariño canta._ XXXIV ALBORADA[3] [3] A máis grande dificultade qu’ achey prá escribir esta _alborada_, foy ó meu deseyo de que sahise nun todo arregrada á música. Conseguín esto, pró foy á custa da poesía; non podía ser d’ outro modo, cando se da c’ un aire tan extraño e tan dificile de acomodarlle letra algunha. I Baite noi- te--Bay funxin- do--Vent’ auro- ra--Vent’ abrin- do--C’ ó teu ros- tro--Que sorrin- do--¡¡¡Á sombr’ espanta!!! — ¡Canta!... Paxariño can- ta--De ponliñ’ en pón- la--Qu’ ó sol se levan- ta--Pó-lo monte ver- de--Pó-lo verde mon- te--Alegrand’ as her- bas--¡Alegrand’ as fon- tes!... — ¡Canta, paxariño alegre, Canta! ¡Canta por qu’ ó millo medre, Canta! ¡Canta por qu’ á luz t’ escoite, Canta! Canta que fuxeu á noite. — Noite escura Logo ven, E moito dura C’ ó seu manto De tristura, Con meigallos E temores, Agoreira De dolores, Agarimo De pesares, Cubridora En todo mal, ¡Sal!... — Qu’ auroriña O ceu colora C’ uns arbores Que namora, C’ un sembrante D’ ouro e prata Teñidiño D’ escalrata. C’ uns vestidos De diamante Que lle borda O sol amante Antr’ as ondas De cristal. — ¡Sal!... Señora en todo mal, Qu’ ó sol Xa brila Nas cunchiñas do areal Qu’ á luz Do día Vist’ á terra d’ alegría, Qu’ ó sol Derrete con amor á escarcha fría. II Branc’ auro- ra--Ven chegan- do--Y âs porti- ñas--Bay chaman- do--D’ os que dor- men--Esperan- do--¡O teu folgor!... — Cor... D’ alba hermosa Lles extende Nos vidriños Cariñosa, Dond’ ó sol Tamén suspende, Cand’ aló No mar se tende De fogax Larada viva, Dempois leve, Fuxitiva, Triste vago Resprandor. — Cantor D’ os aires, Paxariño alegre, Canta, Canta por qu’ ó millo medre Cantor D’ aurora, Alegre namorado, As meniñas dille Que xa sal ó sol dourado. — Qu’ ó gaiteiro, Ben lavado, Ben vestido, Ben peitado, Da gaitiña Acompañado ¡A porta está!... ¡Xa!... — S’ expricando Que t’ exprica, Repinica, Repinica N’ alborada Ben amada Das meniñas Cantadeiras, Bailadoras, Rebuldeiras; D’ as belliñas Alegriñas, D’ as que saben Ben ruar. — ¡Arriba Todas, rapaciñas do lugar, Qu’ ó sol Y á aurora xa vos ven á dispertar! ¡Arriba! ¡Arriba toleirona mocidad, Qu’ atru- xaremos--cantaremos ó _ala... lá!!!..._ XXXV _Eu cantar, cantar, cantei,_ _A gracia non era moita_, Que nunca (delo me pesa) Fun eu meniña graciosa. Cantei como mal sabía Dándolle reviravoltas, Cal fán aquês que non saben Direitamente unha cousa. Pero dempois paseniño, Y un pouco máis alto agora, Fun votando as miñas cántigas Como quen non quer á cousa. Eu ben quixera, é verdade, Que máis boniteiras foran; Eu ben quixera que nelas Bailase ó sol c’ as pombas, As brandas auguas c’ á luz Y os aires mainos c’ as rosas. Que nelas craras se visen A espuma d’ as verdes ondas, Do ceu as brancas estrelas, Da terr’ as prantas hermosas, As niebras de cor sombriso Qu’ aló nas montañas voan; Os berros do triste moucho, As campaniñas que dobran, A primadera que ríe Y os paxariños que voan. Canta que te canta, mentras Os coraçóns tristes choran. Esto e inda máis, eu quixera Desir con lengua graciosa; Mas donde á gracia me falta O sentimiento me sobra, Anqu’ este tampouco abasta Para expricar certas cousas, Qu’ á veces por fora un canta Mentras que por dentro un chora. Non me expriquei cal quixera Pois son de expricansa pouca; Si gracia en cantar non teño O amor da patria m’ afoga. _Eu cantar, cantar, cantei,_ _A gracia non era moita_, ¡Mais qué faser, desdichada, Si non nacín máis graciosa! XXXVI _Sábado á noite_ _Marica pilla á roca._ --Ña muller, pilla esa roca E déixate d’ ir á misa, Pensa que non tés camisa E fía unha mazaroca. --Luns d’ as almas, meu homiño, Déixame gardal’ ó día Sen fiare, ¿qué diría N’ outro mundo meu paiciño? Pois... martes de San Antonio Tampouco hey de traballere, Prá qu’ ó santo me librare D’ as tentazós do demonio. Miércoles... ¡Non digo eu! O home de Nosa Señora San Xusé... de fiar ôra Non me quisera no ceu. ¡E xueves!... N’ hay que falar ¡Santísimo Sacramento! Con todo comedimento O día ch’ hey de gardar. ¡Y ó viernes! ¿Recordazón D’ agonía de Xesús? Pasareino ô pe da crus, Maxinando na pasión. E ti benaventurado Sábado da Virxen santa, Quen tua festa crebanta Debe estar excomungado. Mais, dend’ as doce hastra á unha Antre ó sábado e ó domingo Tráeme acá esa roca, Mingo, Qu’ esa n’ é falta ningunha. ¡Se viras cómo ó resío M’ entra por antr’ os farrapos! Acóchame co eses trapos, Qu’ estou tembrando de frío. --Non vexo trapos nin toldo Con que te poida tapare, Arrímate ô pe do lare Ou métete antre ó rescoldo. --Seica teño calentura... ¡Bruu!, seica vou morrere. --Non t’ afrixas, ña mullere, Que che irey catal’ o cura. --Máis quisera un cubirtore; Sinto callofríos... tantos... --Pois que te cochen os santos, Que n’ hay cuberta millore. Folgaches noites e días Só por ilos á bicare, E debent’ ora cochare Nas tuas postrimeirías. Deste modo _Xan sin Terra_ Co á sua muller falaba, Cando veu que se quedaba, ¡Malpocado!, feita terra, E cuns coderos tapándolle O triste coiro desnudo, Díxolle entonces (eu dudo Si chorando, si cantándolle): _Ey ti miña gardadora_ _D’ os días santos e das festas,_ _Cómo che relosen ora_ _As carnes por antre as xestas._ XXXVII --Compadre, des qu’ un vai vello O mesmo sol lle fay frío, Cada regueiro elle un río, Un boy cada escarabello. Pésame ó lombo que pasma, Pero qu’ inda Dios me leve ¡S’ é que non teño unha sede Que me fay volvé-l’ a yasma! E ben xa qu’ estamos preto De ña casa... ¡Compadriño, Vinde probal’ ó meu viño E votaremos un neto!... --¡Entra ti diante!--¡Non!--Sí. Ti que és máis vello.--¡Cal mentes! --Pois que cho digan os dentes. --Teño máis moas que ti. Mais entremol’ os dous xuntos E acabouse ó _del-con-dela_, Mide seis netos Manoela Que trayo exoitos lo’ s untos Enche ó xerro do canteiro E no enchas c’ ó da vela Que tan sóo prá meter bulla Se non c’ aquel do Riveiro. · · · · · · · · · · · · · · · · · · ¡Coló, coló!--Ben nos preste, Porque sin estos consolos Andivéramos máis solos Os vellos do qu’ anda á peste. --¡Ten un piquiño!--¡Qué noria! Con pique ou non, compadriño, Dempois de Dios ¡viva ó viño! --¿E haberá viño na groria? ¡Coló, coló!--¡Cousa boa! ¡Cólase como xarabe! --Meu compadre, ó que ben sabe Corre sin trigo nin broa. --O viño de quente pasa, Mais é mellor ó qu’ eu teño. --¿Cómo qué?--Á probalo deño Vas vir ora á miña casa. --Eso pouco á pouco, amigo. ¡Mellor qu’ ó meu no-no paso! --Pois botemos outro vaso E veno á probar conmigo. --Dis ben.--¡Ñas pernas... arriba! Peito xa estás calentado; Podemos un punteado Bailar c’ un pe nunha criba --Que no che me leve ó deño... ¿El andamos ou n’ andamos? Unha vez parez que andamos Y outras maxino que veño. --Déixate d’ eso, Farruco, Que eu vou coma unha pedrada, E inda así n’ está escampada Seica oirey cantá-lo cuco. --No-no penses qu’ abofellas Xa á miña porta chegamos, Mais ten tino, porque entramos No cortello das ovellas. ¡Mentes...; eu vou indo á fío Cara á bodega, larpeiro! --Mais déixame entrar primeiro, Que me fay mal ó resío. --Vállame Santa Lusía... Todo ó vexo tan trubado; Dime aquí, de reservado: ¿É de noite ou é de día? --¡S’ o sey que vote máis canas! Pero en secreto cho digo D’ este non ver, meu amigo, Deben ter culpa as pestanas. Ora séntate e bebamos; ¡Teño unha sede!...--¡Eh!, ¿qué tal? --Se non me fixese mal... --¡Mal! ¿Tan fortes coma estamos? Sabe que gorecha... pois ¿Exprícome?...--¡Pro sabido! --Ó bebido, vay bebido E s’ un quer máis... hastra Angrois. ¡É qu’ este teu viño!, ¡deño!... É do qu’ un pode beber Pero, compadre, á meu ver Eche mellor ó que eu teño. --¡N’ é verdá eso!...--¿Que non? Tornas ora á vir conmigo E disme s’ es meu amigo Se no é moito máis bon. --¡Poida!...; mais á tua bodega Dime cándo chegaremos, Teño unha sede dos demos... E máis penso que lostrega. --Ó qu’ hay, meu compañeiriño, Non son lóstregos nin rollos; É que tés lume nos ollos E á gorxa pídeche viño. ¡Ey!, move esos pes lixeiro, Qu’ estamos ô pe da pipa, E bebe, que di Felipa Qu’ á sede avolve ó calleiro. --¡Jéen!... Dió-lo pague qu’ é forte; Bebín canto me botache; Tes un viño que... carache, Fay resucitá-la morte. --¿E logo sí? ¡Na que deño! Nin ó d’un Padre Benito. --¡E bon, mais ó dito, dito: Inda é mellor ó que eu teño! · · · · · · · · · · · · · · · · · · E indo e vindo no camiño Tanto os compadres bebeno, Que nunca en xamás volveno A probar augua nin viño. C’ o ventre com’ unha uva Tras de tanta é tanta proba, Levánonos para á coba Dende ó mesmo pe da cuba. GLOSARIO ABÓ, abuelo. ABOFÉ, á fe mía. ABOFELLAS, á fe mía. ABONDO, bastante, sobrado, en abundancia. ACHAR, hallar. ADOITO, donde estoy siempre. Úsase también esta palabra en el sentido de acostumbrado, como se ve en el refrán: _O que n’ está adoito âs bragas as costuras lle fan llagas_; otros dicen: _O que non está afeito_, etc. AEITO, adverbio que significa á roso y velloso, sin escoger, sin reparar. AFACER, AFACERSE, acostumbrarse. AGARIMO, amparo, apoyo cariñoso. Se dice de un huérfano que _está sin agarimo_. AGOIRAR, presagiar, predecir malos sucesos. ALÓ, allá. ALOMEAR, alumbrar, y algunas veces resplandecer, brillar. ALLEO, ajeno, lo que es de otro. AMORAS, mora silvestre ó de zarza; á la verdadera mora le llaman _amora castellana_. ANTROIDO, carnaval. Se usa también en sentido burlesco, pues á una persona ridícula y risible le dicen: _¡Parece un antroido!_, _¡ay qué antroido!_; frases ambas que equivalen á «¡parece una máscara!, ¡vaya una máscara!» ANTROIDADA, carnavalada, y también cosa descabellada. AÑO, corderillo. APURRAR, azuzar. ARREPUIÑADAS, erizadas. En gallego tiene más fuerza y se dice _carnes arrepuiñadas_, que equivale á lo que en castellano «carne de gallina». ARRESCENDER, oler bien. Se dice de una rosa que _arrescende_. ATRUXAR, gritar alegremente. Viene de _aturuxo_, grito de alegría con que los aldeanos concluyen en las fiestas y _ruadas_ sus cantares. ATURUXO, grito agudo y prolongado con que concluye sus canciones la gente del campo. AXEXAR, mirar con curiosidad, creyendo que nadie observa al que mira. BAGOAS, lágrimas. BALAR, balar, oscilar. Los aldeanos dicen que la piedra vacilante de Nuestra Señora de la Barca (Mugia) _bala_. BALOCAS, patatas pequeñas. Rodríguez, en su _Diccionario gallego-castellano_, quiere que signifiquen castañas. BAN, cintura. Algunos le escriben con _v_ consonante, pero aquí se puso con _b_ para distinguirle de la tercera persona del plural del presente de indicativo del verbo _ir_. BATALADA, campanada. BATER, dar una cosa contra otra, pegar. BEN, bien. El plural, _bens_, significa bienes y también haciendas. BERCE, cuna. BERRAR, gritar. El vocablo gallego tiene más fuerza que su equivalente castellano, pudiendo decirse que _berrar_ es gritar con fuerza. También significa reñir. BICA, BICO, el pico de las aves y también beso, usando la terminación femenina cuando quieren darle más gracia, y la masculina en los demás casos. Llaman _bica_ á una torta de pan de trigo. BICAR, besar. BOLA, torta de pan. BOXE, boj. BRANDIDA, abundante, ostentosa, rica. BRAÑAS, prado con agua perenne. BRÉTEMA, niebla. BULIR, hacer una cosa aprisa, andar aprisa, moverse de una parte á otra, y cuanto se parezca á lo que perfectamente definió Rodríguez «hervir de gusanos», pues se dice á menudo _bulígame á sangre_. CACHÓN, á todo hervir. CADELA, perra. CÁIS, Cádiz. CANAS, cañas y también canas. CANDEAS, luces, candelas. CARABEL, clavel. CARABELA, cestilla. CARIS, gesto, el rostro, el semblante. CARRAPUCHEIRIÑA, expresión cariñosa que equivale á «querida mía», aunque tiene más dulzura. Cosa digna de ser querida por excelencia, que viene de _cara_ y _pulchra_, de sumo precio, amada y hermosa, aumentando la significación por el diminutivo cariñoso en _iño_. CAS-QUI-TÓ, lo mismo que «¡aparta, cerdo!» CHAN ó CHAO, suelo. CHEIRO, olor. CHEO, lleno. CHIAR, piar. La frase _non chia_ equivale á «no dice nada», y _quedouse sin chiar_, no se movió, no dijo una palabra. CHUCHONA, la que chupa. CIROLAS, calzones anchos de lienzo que usan los aldeanos. Por lo regular los traen debajo de los calzones de paño. COBIÇA, codicia. CÓCHEGAS, cosquillas. COCHO, cerdo. COFIA, toca de lino ó de encaje con que las aldeanas se cubren la cabeza, recogiendo el pelo. COITELO, cuchillo. COMPANGO, entre los aldeanos, lo que comen después del caldo, ó mejor aún, como la misma voz lo indica, lo que comen con pan, pero que merece el nombre de comida. COMPAÑA, hueste, procesión de brujas. Cuentan que por la noche aparecen en fila en las eras, caminos, bosques y montes siete luces que discurren de un lado á otro, llenando de espanto á los sencillos aldeanos. Su aparición es siempre de mal agüero para ellos, sobre todo cuando se apaga una de aquellas luces, pues, según dicen, significa que muere alguna persona en el lugar en que aparecen, ó en la casa de quien sea la era en que se ven. COR, CORES, color, colores. CORREDOIRA, CORREDEIRA, camino angosto, como lo son por lo regular los que van de un lugar á otro. CORTELLO, CORTELLIÑO, establo. CORTIÑA, prado cerrado puesto á hierba. COS, la mitad superior de la camisa: los usan las aldeanas poco acomodadas, haciéndolos de lienzo y el resto de la camisa de estopilla. COSPIR, escupir, salivar. COTE (De), todos los días. CREBAR, romper, quebrar. CRECHAS, rizadas. CRIBO, cernidor. CULLER, cuchara. CUNCA, taza. CURRUNCHO, rincón. CURTIÑA, prado cerrado puesto á hierba. CURUTO, coronilla, la cumbre. DEITAR, acostarse y también manar. DEMORO, demontres, diablo. DENGUE, esclavina de paño guarnecida de terciopelo que llega hasta la cintura, y cuyas puntas ó alas son bastante grandes para que, cruzadas sobre el seno, puedan dar vueltas y cerrarse á la espalda. Por lo regular las hacen de grana. DERRADEIRA, lo postrero, lo que va detrás, y entonces es adjetivo. _A derradeira_, ó bien _ó derradeiro_, es adverbio y significa por último. DIANCRE, diablo. DIPINICAR. Es difícil señalar á esta palabra su equivalente castellano. Se dice de las ovejas que _dipinican_ la hierba porque comen sólo las puntas tiernas. Se dice de una persona que teniendo racimos de uvas, verbigracia, come sólo algunos granos, que _dipinica_ las uvas. DOU NON TE DERA, frase que significa lo que en castellano «quien te parió no te pariera», aunque en gallego tiene más fuerza, porque comprende el padre y la madre. DONA, dueña, ama de casa, la señora. Los maridos dicen _á miña dona_, por mi mujer. É, tercera persona del presente de indicativo del verbo _ser_. EIRA, era. EMBOUCAR, engañar. ENFOUZAR, ensuciar. ENSARRAPICADA, muy mojada. ENXIDO, ENXIDIÑO, pequeño huerto al pie de la casa de su dueño. ERGUER, erguir, levantar. ESFOLAR, desollar. ESPALLAR, esparcir. ESQUENCER, olvidar. ESTRICADAS, escuetas, estiradas, largas. FACER, hacer. La frase _seu facer_ equivale á «su negocio». FALANGUEIRO, FALANGUEIRA. Así se dice de una persona que nos habla con cariño y cortesía: alegre, decidor. FEIRA, feria: _qué feira_ equivale á «qué buen negocio». FEITA, hecha. Se dice de una mujer que _é feita_ cuando es hermosa y bien proporcionada. FEITIZO, hechizo. FENDA, hendidura. FERO, fiero, amargo. FIADAS, hiladas. Así llaman á una reunión de mujeres que se juntan en un sitio dado para hilar. Como á estas hiladas concurren los jóvenes, es una de las diversiones favoritas de nuestros aldeanos. FIDALGA, hidalga, y por extensión, fina, suave, delicada. Dícese de una persona que tiene hermosas manos _ten mans fidalgas_. FITO Á FITO, hito á hito. FOGAX, vivo resplandor, llamarada. FOLGA, huelga. FRICOL, un frito cualquiera. FRICOLADA ó FRIXOLADA, frito de muchas y diversas cosas. FROITA, fruta. FROLEAR, bordar. Debe advertirse que este significado sólo lo tiene en sentido figurado, diciendo de un gaitero que _frolea_ cuando al tocar inventa variaciones al tema. Lo mismo se dice de una persona que habla usando lo que en castellano llamamos «flores poéticas». FUNGUEIRO, estacas que se clavan alrededor, en el suelo de los carros, con objeto de sostener la carga. GAITEIRA, alegre, casquivana. GANDO, ganado vacuno. GARULAR, divertirse armando grande algazara. HORTIÑA, huerta, huertecita. IÑA, le usan muchas veces en lugar de _iba_. LAMA, lodo. LANSALIÑO, airoso, esbelto. LAÑA, hendidura. LAR, LARIÑO, hogar. LARADA, el fuego grande del hogar; en el campo suele verse desde lejos cuando está la puerta de la casa abierta, y al resplandor que despide llaman también _larada_. LARPEIRO, goloso. LIÑA, hebra de seda ó de hilo. LOITAR, luchar, pelear. Úsanle regularmente en la primera acepción. LOMBO, espalda. LUA, luna. LUAR (Ó), frase que equivale á «la luz de la luna». LURPIA, bruja, mujer de mal carácter. MÁ, madre. MAGOA, que hiere, herida. MAINO, MAINIÑO, manso, suave. MALPOCADO, MALPOCADIÑO, ¡pobrecito!, ¡desdichado! MANTELO, prenda de vestido, generalmente de paño, que las sirve como de sobresaya; no tiene vuelo ni pliegues, y cierra atrás dejando ver la saya. MATAR, matar, y por extensión, apagar: dicen _matar á luz_, apagar la luz; _matarlle á fame_, darle de comer; _matarlle un deseo_, cumplirle un deseo. MATACHÍN, el que mata los cerdos. MAXESA, elegancia. MEIGALLO, hechizo. MEIGO, brujo, encantador. MILLO, maíz. MIMOSA, cariñosa. MOUCHO, mochuelo. MOURIÑA, MOURA, frase que equivale á morena hija y descendiente de moro; negra. En una ocasión oímos á un muchacho apostrofar á un compañero llamándole _fillo d’ unha cabra moura_. MUCHADA, seca. MUHIÑO, molino. NABISA, la hoja de los nabos. NANTRONTE, en el día anterior. NAY, madre. NENO, niño. NIÑO, nido. NOCES, nueces. NOXO, asco. O, el, lo. Ó, contracción de _á_, _ó_, á lo, á la. ORFO, huérfano. OUBEAR, aullar. PALOMAS, PALOMIÑAS, mariposas. PANOS, pañuelos, telas. PAROLAR, hablar, parlar. PARROMEIRA, hollín de chimenea. PAU, palo, madera. PEITAR, peinar. PELICA, piel, cáscara. PENA, pena, y también peñasco. PENEDO, roca, peñasco. PENEIRA, cernidor. PEÇOÑOSAS, ponzoñosas. PIA, pilón. PIFAR, lo que se entiende vulgarmente por «empinar el codo». PITO, PITIÑO, pollo, pollito. POMBAS, palomas. PÓNLA, rama de árbol. PORTELO, portillo. POSTO, puesto: _ben posto_ equivale á «bien vestido». POUSAR, posar. PRATICAR, hablar. PRETIÑO, cerca, cerquita, y también pronto. PROYA, torta de pan. QUINTEIRO, corral. QUIÑO, cerdo. RABUÑAR, arañar. RACHA, astilla. RAMALLAXE, ramaje. RAPARIGO, muchacho, joven. RAPÁS, muchacho, joven. RAXO, lomo de cerdo. REBOTAR, rebosar. REBULDEIRA, retozona. REBULIR, bullir. REGANDIXA, rendija. REGO, REGATO, riachuelo. RELOUCAR, equivale á «divertirse en grande», «volverse loco de alegría». REMORSO, remordimiento. REPANTRIGADO, arrellanado. REPOLUDO, robusto, gordo y duro como un repollo. RESOLIO, licor suave. RIFAR, reñir. RUADA, andar de noche de broma cantando por las calles ó los campos. RUEDA, diversión por la calle. RULA, tórtola. RUNXIDA, requemada. RUNXINDO, haciendo ruido. RUXE-RUXE, entre el ruido, entre el movimiento, entre el barullo da la fiesta. SALGADO, salado. SALGUEIRO, sauce. SALOUCOS, sollozos. SAR, río que nace cerca de Santiago y desagua en el Ulla á su paso por Padrón. SARPULLENTE, hirviente. SARRAPIO, amargo, urente: dejo áspero que tienen algunas comidas y bebidas. SEICA, me parece, creo que sí ó que no. SEIXOS, guijarros, lo que graciosamente llamaba Cervantes «peladillas de arroyo». SERA, SERAN, tarde. SEU FACER, frase que equivale á «su negocio». SILVEIRA, zarzamora. SONSA, burlona. SORSA, adobo. SURIÑA, palomita. TEN, tiene. TÉN, tienen. TIRAR, tirar, y también atraer; así dicen que el _país tira_, que es lo mismo que el país atrae. TOBO, madriguera. TOLO, loco. TOPAR, hallar. TORREXAS, torrijas. TOXALES, aliagas. TREMAR, temblar. TRENCO, zambo. TRONCHO, trozo ó pedazo del tallo de la berza. UCHA, arcón grande que en las casas de los aldeanos sirve de alacena. VAGOAS, lágrimas. VALA, vide _Bala_. VALO, VALADO, vallado, cerca. VALORENTO, mohoso. VEN, ven. VÉN, vienen. VILA, en gallego se usa indistintamente esta palabra para indicar una ciudad ó una villa, aunque al presente suelen decir _siudade_. VINCHA, burbuja. VIRADOIRO. Se dice _pau viradoiro_ á una persona que va muy tiesa; es de virar ó dar vuelta á una cosa; verbigracia: el palo de los barqueros, la raspilla para la sartén, etc. VRAN, verano. YALMA. Para hacer más suave la palabra y evitar la cacofonía suelen decir _á yalma_ en vez de _á alma_. XA, ya: de _jam_ latino. XAN, Juan. XEITO (Non lle dar...), no hallar modo y manera de hacer una cosa. XOYA, joya: _miña xoya_ es una expresión de cariño. ZONCHOS, castañas cocidas con la piel. M. ÍNDICE Páginas PRÓLOGO 9 As de cantar 17 Nasín cand’ as prantas nasen 25 Dios bendiga todo, nena 27 Cantan os galos pr’ ó día 33 Miña Santiña 37 Nosa Señora da Barca 43 Fun un domingo 53 Un repoludo gaitero 57 Díxome nantronte ó Cura 61 Quixente tanto, meniña 67 Campanas de Bastabales 69 Vint’ unha crara noite 75 San Antonio bendito 79 Acolá enriba 83 Adiós ríos, adiós fontes 87 Eu ben vin estar ó moucho 91 Airiños, airiños aires 95 A ó Sr. D. Camilo Alvarez e Castro 99 Pasa río, pasa río 105 Hora, meu meniño, hora 107 Non che digo nada 113 Mais ó que ben quixo un día 123 Castellana de Castilla 127 Queridiña d’ os meus ollos 131 A Roberto Robert 137 Meniña, ti á máis hermosa 155 ¿Qué ten ó mozo? 159 Castellanos de Castilla 163 La gaita gallega 169 Á gaita gallega 173 Vente, rapasa 179 Cando á lumiña aparece 187 Si á vernos, Marica, nantronte viñeras 191 Cómo chove mihudiño 195 Miña Santa Margarida 207 Baite noi- 211 Eu cantar, cantar, cantei 217 Sábado á noite 219 Compadre, des qu’ un vai vello 223 Glosario 229 End of the Project Gutenberg EBook of Cantares gallegos, by Rosalía de Castro *** END OF THIS PROJECT GUTENBERG EBOOK CANTARES GALLEGOS *** ***** This file should be named 59037-0.txt or 59037-0.zip ***** This and all associated files of various formats will be found in: http://www.gutenberg.org/5/9/0/3/59037/ Produced by Ramon Pajares Box and the Online Distributed Proofreading Team at http://www.pgdp.net (This file was produced from images generously made available by The Internet Archive/Canadian Libraries) Updated editions will replace the previous one--the old editions will be renamed. Creating the works from print editions not protected by U.S. copyright law means that no one owns a United States copyright in these works, so the Foundation (and you!) can copy and distribute it in the United States without permission and without paying copyright royalties. Special rules, set forth in the General Terms of Use part of this license, apply to copying and distributing Project Gutenberg-tm electronic works to protect the PROJECT GUTENBERG-tm concept and trademark. Project Gutenberg is a registered trademark, and may not be used if you charge for the eBooks, unless you receive specific permission. If you do not charge anything for copies of this eBook, complying with the rules is very easy. You may use this eBook for nearly any purpose such as creation of derivative works, reports, performances and research. They may be modified and printed and given away--you may do practically ANYTHING in the United States with eBooks not protected by U.S. copyright law. Redistribution is subject to the trademark license, especially commercial redistribution. START: FULL LICENSE THE FULL PROJECT GUTENBERG LICENSE PLEASE READ THIS BEFORE YOU DISTRIBUTE OR USE THIS WORK To protect the Project Gutenberg-tm mission of promoting the free distribution of electronic works, by using or distributing this work (or any other work associated in any way with the phrase "Project Gutenberg"), you agree to comply with all the terms of the Full Project Gutenberg-tm License available with this file or online at www.gutenberg.org/license. Section 1. General Terms of Use and Redistributing Project Gutenberg-tm electronic works 1.A. By reading or using any part of this Project Gutenberg-tm electronic work, you indicate that you have read, understand, agree to and accept all the terms of this license and intellectual property (trademark/copyright) agreement. If you do not agree to abide by all the terms of this agreement, you must cease using and return or destroy all copies of Project Gutenberg-tm electronic works in your possession. If you paid a fee for obtaining a copy of or access to a Project Gutenberg-tm electronic work and you do not agree to be bound by the terms of this agreement, you may obtain a refund from the person or entity to whom you paid the fee as set forth in paragraph 1.E.8. 1.B. "Project Gutenberg" is a registered trademark. It may only be used on or associated in any way with an electronic work by people who agree to be bound by the terms of this agreement. There are a few things that you can do with most Project Gutenberg-tm electronic works even without complying with the full terms of this agreement. See paragraph 1.C below. There are a lot of things you can do with Project Gutenberg-tm electronic works if you follow the terms of this agreement and help preserve free future access to Project Gutenberg-tm electronic works. See paragraph 1.E below. 1.C. The Project Gutenberg Literary Archive Foundation ("the Foundation" or PGLAF), owns a compilation copyright in the collection of Project Gutenberg-tm electronic works. Nearly all the individual works in the collection are in the public domain in the United States. If an individual work is unprotected by copyright law in the United States and you are located in the United States, we do not claim a right to prevent you from copying, distributing, performing, displaying or creating derivative works based on the work as long as all references to Project Gutenberg are removed. Of course, we hope that you will support the Project Gutenberg-tm mission of promoting free access to electronic works by freely sharing Project Gutenberg-tm works in compliance with the terms of this agreement for keeping the Project Gutenberg-tm name associated with the work. You can easily comply with the terms of this agreement by keeping this work in the same format with its attached full Project Gutenberg-tm License when you share it without charge with others. 1.D. The copyright laws of the place where you are located also govern what you can do with this work. Copyright laws in most countries are in a constant state of change. If you are outside the United States, check the laws of your country in addition to the terms of this agreement before downloading, copying, displaying, performing, distributing or creating derivative works based on this work or any other Project Gutenberg-tm work. The Foundation makes no representations concerning the copyright status of any work in any country outside the United States. 1.E. Unless you have removed all references to Project Gutenberg: 1.E.1. The following sentence, with active links to, or other immediate access to, the full Project Gutenberg-tm License must appear prominently whenever any copy of a Project Gutenberg-tm work (any work on which the phrase "Project Gutenberg" appears, or with which the phrase "Project Gutenberg" is associated) is accessed, displayed, performed, viewed, copied or distributed: This eBook is for the use of anyone anywhere in the United States and most other parts of the world at no cost and with almost no restrictions whatsoever. You may copy it, give it away or re-use it under the terms of the Project Gutenberg License included with this eBook or online at www.gutenberg.org. If you are not located in the United States, you'll have to check the laws of the country where you are located before using this ebook. 1.E.2. If an individual Project Gutenberg-tm electronic work is derived from texts not protected by U.S. copyright law (does not contain a notice indicating that it is posted with permission of the copyright holder), the work can be copied and distributed to anyone in the United States without paying any fees or charges. If you are redistributing or providing access to a work with the phrase "Project Gutenberg" associated with or appearing on the work, you must comply either with the requirements of paragraphs 1.E.1 through 1.E.7 or obtain permission for the use of the work and the Project Gutenberg-tm trademark as set forth in paragraphs 1.E.8 or 1.E.9. 1.E.3. If an individual Project Gutenberg-tm electronic work is posted with the permission of the copyright holder, your use and distribution must comply with both paragraphs 1.E.1 through 1.E.7 and any additional terms imposed by the copyright holder. Additional terms will be linked to the Project Gutenberg-tm License for all works posted with the permission of the copyright holder found at the beginning of this work. 1.E.4. Do not unlink or detach or remove the full Project Gutenberg-tm License terms from this work, or any files containing a part of this work or any other work associated with Project Gutenberg-tm. 1.E.5. Do not copy, display, perform, distribute or redistribute this electronic work, or any part of this electronic work, without prominently displaying the sentence set forth in paragraph 1.E.1 with active links or immediate access to the full terms of the Project Gutenberg-tm License. 1.E.6. You may convert to and distribute this work in any binary, compressed, marked up, nonproprietary or proprietary form, including any word processing or hypertext form. However, if you provide access to or distribute copies of a Project Gutenberg-tm work in a format other than "Plain Vanilla ASCII" or other format used in the official version posted on the official Project Gutenberg-tm web site (www.gutenberg.org), you must, at no additional cost, fee or expense to the user, provide a copy, a means of exporting a copy, or a means of obtaining a copy upon request, of the work in its original "Plain Vanilla ASCII" or other form. Any alternate format must include the full Project Gutenberg-tm License as specified in paragraph 1.E.1. 1.E.7. Do not charge a fee for access to, viewing, displaying, performing, copying or distributing any Project Gutenberg-tm works unless you comply with paragraph 1.E.8 or 1.E.9. 1.E.8. You may charge a reasonable fee for copies of or providing access to or distributing Project Gutenberg-tm electronic works provided that * You pay a royalty fee of 20% of the gross profits you derive from the use of Project Gutenberg-tm works calculated using the method you already use to calculate your applicable taxes. The fee is owed to the owner of the Project Gutenberg-tm trademark, but he has agreed to donate royalties under this paragraph to the Project Gutenberg Literary Archive Foundation. Royalty payments must be paid within 60 days following each date on which you prepare (or are legally required to prepare) your periodic tax returns. Royalty payments should be clearly marked as such and sent to the Project Gutenberg Literary Archive Foundation at the address specified in Section 4, "Information about donations to the Project Gutenberg Literary Archive Foundation." * You provide a full refund of any money paid by a user who notifies you in writing (or by e-mail) within 30 days of receipt that s/he does not agree to the terms of the full Project Gutenberg-tm License. You must require such a user to return or destroy all copies of the works possessed in a physical medium and discontinue all use of and all access to other copies of Project Gutenberg-tm works. * You provide, in accordance with paragraph 1.F.3, a full refund of any money paid for a work or a replacement copy, if a defect in the electronic work is discovered and reported to you within 90 days of receipt of the work. * You comply with all other terms of this agreement for free distribution of Project Gutenberg-tm works. 1.E.9. If you wish to charge a fee or distribute a Project Gutenberg-tm electronic work or group of works on different terms than are set forth in this agreement, you must obtain permission in writing from both the Project Gutenberg Literary Archive Foundation and The Project Gutenberg Trademark LLC, the owner of the Project Gutenberg-tm trademark. Contact the Foundation as set forth in Section 3 below. 1.F. 1.F.1. Project Gutenberg volunteers and employees expend considerable effort to identify, do copyright research on, transcribe and proofread works not protected by U.S. copyright law in creating the Project Gutenberg-tm collection. Despite these efforts, Project Gutenberg-tm electronic works, and the medium on which they may be stored, may contain "Defects," such as, but not limited to, incomplete, inaccurate or corrupt data, transcription errors, a copyright or other intellectual property infringement, a defective or damaged disk or other medium, a computer virus, or computer codes that damage or cannot be read by your equipment. 1.F.2. LIMITED WARRANTY, DISCLAIMER OF DAMAGES - Except for the "Right of Replacement or Refund" described in paragraph 1.F.3, the Project Gutenberg Literary Archive Foundation, the owner of the Project Gutenberg-tm trademark, and any other party distributing a Project Gutenberg-tm electronic work under this agreement, disclaim all liability to you for damages, costs and expenses, including legal fees. YOU AGREE THAT YOU HAVE NO REMEDIES FOR NEGLIGENCE, STRICT LIABILITY, BREACH OF WARRANTY OR BREACH OF CONTRACT EXCEPT THOSE PROVIDED IN PARAGRAPH 1.F.3. YOU AGREE THAT THE FOUNDATION, THE TRADEMARK OWNER, AND ANY DISTRIBUTOR UNDER THIS AGREEMENT WILL NOT BE LIABLE TO YOU FOR ACTUAL, DIRECT, INDIRECT, CONSEQUENTIAL, PUNITIVE OR INCIDENTAL DAMAGES EVEN IF YOU GIVE NOTICE OF THE POSSIBILITY OF SUCH DAMAGE. 1.F.3. LIMITED RIGHT OF REPLACEMENT OR REFUND - If you discover a defect in this electronic work within 90 days of receiving it, you can receive a refund of the money (if any) you paid for it by sending a written explanation to the person you received the work from. If you received the work on a physical medium, you must return the medium with your written explanation. The person or entity that provided you with the defective work may elect to provide a replacement copy in lieu of a refund. If you received the work electronically, the person or entity providing it to you may choose to give you a second opportunity to receive the work electronically in lieu of a refund. If the second copy is also defective, you may demand a refund in writing without further opportunities to fix the problem. 1.F.4. Except for the limited right of replacement or refund set forth in paragraph 1.F.3, this work is provided to you 'AS-IS', WITH NO OTHER WARRANTIES OF ANY KIND, EXPRESS OR IMPLIED, INCLUDING BUT NOT LIMITED TO WARRANTIES OF MERCHANTABILITY OR FITNESS FOR ANY PURPOSE. 1.F.5. Some states do not allow disclaimers of certain implied warranties or the exclusion or limitation of certain types of damages. If any disclaimer or limitation set forth in this agreement violates the law of the state applicable to this agreement, the agreement shall be interpreted to make the maximum disclaimer or limitation permitted by the applicable state law. The invalidity or unenforceability of any provision of this agreement shall not void the remaining provisions. 1.F.6. INDEMNITY - You agree to indemnify and hold the Foundation, the trademark owner, any agent or employee of the Foundation, anyone providing copies of Project Gutenberg-tm electronic works in accordance with this agreement, and any volunteers associated with the production, promotion and distribution of Project Gutenberg-tm electronic works, harmless from all liability, costs and expenses, including legal fees, that arise directly or indirectly from any of the following which you do or cause to occur: (a) distribution of this or any Project Gutenberg-tm work, (b) alteration, modification, or additions or deletions to any Project Gutenberg-tm work, and (c) any Defect you cause. Section 2. Information about the Mission of Project Gutenberg-tm Project Gutenberg-tm is synonymous with the free distribution of electronic works in formats readable by the widest variety of computers including obsolete, old, middle-aged and new computers. It exists because of the efforts of hundreds of volunteers and donations from people in all walks of life. Volunteers and financial support to provide volunteers with the assistance they need are critical to reaching Project Gutenberg-tm's goals and ensuring that the Project Gutenberg-tm collection will remain freely available for generations to come. In 2001, the Project Gutenberg Literary Archive Foundation was created to provide a secure and permanent future for Project Gutenberg-tm and future generations. To learn more about the Project Gutenberg Literary Archive Foundation and how your efforts and donations can help, see Sections 3 and 4 and the Foundation information page at www.gutenberg.org Section 3. Information about the Project Gutenberg Literary Archive Foundation The Project Gutenberg Literary Archive Foundation is a non profit 501(c)(3) educational corporation organized under the laws of the state of Mississippi and granted tax exempt status by the Internal Revenue Service. The Foundation's EIN or federal tax identification number is 64-6221541. Contributions to the Project Gutenberg Literary Archive Foundation are tax deductible to the full extent permitted by U.S. federal laws and your state's laws. The Foundation's principal office is in Fairbanks, Alaska, with the mailing address: PO Box 750175, Fairbanks, AK 99775, but its volunteers and employees are scattered throughout numerous locations. Its business office is located at 809 North 1500 West, Salt Lake City, UT 84116, (801) 596-1887. Email contact links and up to date contact information can be found at the Foundation's web site and official page at www.gutenberg.org/contact For additional contact information: Dr. Gregory B. Newby Chief Executive and Director gbnewby@pglaf.org Section 4. Information about Donations to the Project Gutenberg Literary Archive Foundation Project Gutenberg-tm depends upon and cannot survive without wide spread public support and donations to carry out its mission of increasing the number of public domain and licensed works that can be freely distributed in machine readable form accessible by the widest array of equipment including outdated equipment. Many small donations ($1 to $5,000) are particularly important to maintaining tax exempt status with the IRS. The Foundation is committed to complying with the laws regulating charities and charitable donations in all 50 states of the United States. Compliance requirements are not uniform and it takes a considerable effort, much paperwork and many fees to meet and keep up with these requirements. We do not solicit donations in locations where we have not received written confirmation of compliance. To SEND DONATIONS or determine the status of compliance for any particular state visit www.gutenberg.org/donate While we cannot and do not solicit contributions from states where we have not met the solicitation requirements, we know of no prohibition against accepting unsolicited donations from donors in such states who approach us with offers to donate. International donations are gratefully accepted, but we cannot make any statements concerning tax treatment of donations received from outside the United States. U.S. laws alone swamp our small staff. Please check the Project Gutenberg Web pages for current donation methods and addresses. Donations are accepted in a number of other ways including checks, online payments and credit card donations. To donate, please visit: www.gutenberg.org/donate Section 5. General Information About Project Gutenberg-tm electronic works. Professor Michael S. Hart was the originator of the Project Gutenberg-tm concept of a library of electronic works that could be freely shared with anyone. For forty years, he produced and distributed Project Gutenberg-tm eBooks with only a loose network of volunteer support. Project Gutenberg-tm eBooks are often created from several printed editions, all of which are confirmed as not protected by copyright in the U.S. unless a copyright notice is included. Thus, we do not necessarily keep eBooks in compliance with any particular paper edition. Most people start at our Web site which has the main PG search facility: www.gutenberg.org This Web site includes information about Project Gutenberg-tm, including how to make donations to the Project Gutenberg Literary Archive Foundation, how to help produce our new eBooks, and how to subscribe to our email newsletter to hear about new eBooks.